Inicio Baixo Miño A Guarda O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño quenta motores para este...

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño quenta motores para este 2020

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño quenta motores para este 2020O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño segue a dar pasos para afianzarse como destino turístico. Alcaldesas, alcaldes e representantes dos 14 municipios que abrangue o xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) reuníronse a pasada semana, no Pazo de Mos para seguir traballando e comezar a planificar as accións de futuro a realizar ao abeiro dunha marca turística vertebradora e transversal.

O encontro contou coa presenza de Nidia Arévalo, alcaldesa do concello anfitrión, Mos, e da concelleira Sara Cebreiro; de Carlos Gómez, alcalde de Baiona; de Juan A. González, rexidor de Nigrán; de Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; de Andrés Iglesias, alcalde de Pazos de Borbén; de Digna Rivas e Daniel Boullosa, alcaldesa e concelleiro de Redondela; de Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior; de Sandra González, alcaldesa de Tomiño; así como do concelleiro do Porriño David Alonso e da concelleira de Tui Ana María Núñez.

A reunión serviu para preparar a solicitude de axudas convocadas por Turismo de Galicia para impulsar os xeodestinos e que se conseguirán a través de actuacións que afonden na planificación, creación e consolidación de produtos turísticos no xeodestino, pero tamén para o desenvolvemento de acción relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas ao turismo. Estas axudas tamén terán en conta a comercialización, promoción e difusión de novos produtos turísticos na rexión.

Outro dos obxectivos para este ano do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo é darlle continuidade ao seu primeiro produto turístico, ‘Benvido ao primeiro reino medieval de Europa’, un percorrido artellado a través de diferentes etapas ideado para levar ao turista por todo o territorio propoñéndolles experiencias sostibles, singulares, perdurables e diferentes.

Folla de ruta

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño conta cunha folla de ruta para os vindeiros 5 anos centrada en 10 liñas de traballo a través das que xerar produtos con nexos comúns e sinerxías entre os municipios integrantes. Xunto co patrimonio, a historia, a cultura, a paisaxe ou os recursos naturais, estas liñas de traballo centraranse noutros elementos singulares do territorio como son a pedra, a fronteira con Portugal, a auga, a práctica deportiva ou as festas, entre outros.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies