spot_img
InicioCondado ParadantaClubs de toda Galicia competiron no IV Torneo Internacional Sub-2200 Xadrez Ponteareas

Clubs de toda Galicia competiron no IV Torneo Internacional Sub-2200 Xadrez Ponteareas

Clubs de toda Galicia competiron no IV Torneo Internacional Sub-2200 Xadrez PonteareasO pasado fin de semana disputouse nas instalacións do I.E.S. do Barral, o IV Torneo Internacional Sub-2200 Xadrez Ponteareas “I Gran Premio ÓPTICA MAHEN”. No torneo participaron 42 xogadores, procedentes de clubs de toda Galicia.

A organización foi do Club Escola Municipal de Xadrez de Ponteareas, contando coa colaboración e patrocinio da firma comercial ÓPTICA MAHEN, o Club Deportivo O BARRAL, o I.E.S. do Barral e o Concello de Ponteareas.

Xogáronse 5 partidas con emparellamentos polo Sistema Suízo. Os resultados deste evento computan para o ranking oficial da Federación Internacional de Xadrez (FIDE) e os árbitros da competición foron Juana Martínez e Natalia Outerelo.

O podio de vencedores foi o seguinte:

CATEGORÍA XERAL: Campión: Belarmino García Camiña (Club Xadrez Alekhine de Vigo). Sub-Campión: Sergio Diniz López (Club Xadrez Narón). 3º Clasificado: Fabio Represas Novoa (Club Xadrez Ramiro Sabell Ponteareas).

CATEGORÍAS ESPECIAIS: 1º Clasificado Cat. Sub-1800: Javier do Valle Crespo (Club Xadrez Mos) 1º Clasificado Cat. Sub-1400: Xosé Manuel Vidal Bouzó (Club Xadrez Marín) 1º Clasificado Cat. sen Elo: Andrea Pauleczki (Club Xadrez Ramiro Sabell Ponteareas) 1º Clasificado Cat. Veterano: Modesto Vicente Rodríguez (Club Xadrez Marcote) 1ª Muller Clasificada: Mónica Moreira Pantaleón (Club Xadrez Mos) 1º Clasificado Cat. Sub-16: Adrián Carpinteiro Muñoz (Club Escola Mun. de Xadrez de Ponteareas) 1º Clasificado Cat. Sub-14: Alexandre Rodríguez Vieito (Club Xadrez Mos) 1º Clasificado Cat. Sub-12: Óscar Fernández Sanjuan(Club Xadrez Mos) 1º Clasificado Cat. Sub-10: Diego Ibáñez Cruces (Club Xadrez Lucena de Vigo) 1º Clasificado Cat. Sub-8: María Alonso Moyano (Club Xadrez Vila de Bouzas)

No acto de clausura do torneo acompañaron á Directiva do Club, o Concelleiro de Mocidade Miguel Bouzó e o Director do I.E.S. do Barral Álvaro Groba. Concedéronse trofeos aos 3 primeiros clasificados e ás categorías especiais (idade, ELO, etc). Os tres primeiros recibiron tamén un lote de agasallos do Club organizador e da Empresa ÓPTICA MAHEN. Sorteouse tamén un agasallo entre todos os participantes. A organización do torneo agradece a todos os xogadores a súa presenza e emprázaos a participar no V Torneo Int. Sub-2200 “II Gran Premio ACLUDI” que se celebrará os días 14 e 15 de decembro deste ano.

- Publicidade -spot_img