spot_img
InicioBaixo MiñoA ANPA das Escolas Rurais do Rosal pon en marcha o servizo...

A ANPA das Escolas Rurais do Rosal pon en marcha o servizo de comedor e Aula Madruga

A ANPA das Escolas Rurais de O Rosal pon en marcha o servizo de comedor e Aula MadrugaO pasado luns 4 de novembro a ANPA consegue iniciar o servizo de comedor, así como o servizo de aula madruga que xa está dispoñible dende principio de curso

Dende a ANPA, recalcan que “foi sempre un obxectivo principal desta asociación, xa que consideran que no rural este servizo facilita a incorporación da muller ó mercado laboral e polo tanto a conciliación da familia”.

“A conciliación familiar, dadas as circunstancias actuais, fai que hoxe o comedor sexa unha necesidade fundamental para garantir a educación dos nenos e nenas en todas a franxas de idade. Esta necesidade é global, polo que se traslada tamén aos Centros Rurais, como é o caso.”

Despois de moitos meses de traballo lograron, non sen dificultades, habilitar un centro no Concello do Rosal, e xuntar a todos os nenos e nenas dos 6 centros escolares espallados por todo o municipio para ofertar estes servizos que consideran indispensables, para o que contan coa colaboración do seu profesorado.

Sen ningún tipo de axudas por parte do organismo que ten a competencia en Educación e en transporte”, dende a ANPA queren agradecer ó Concello o “esforzo que vai facer quintuplicando a axuda que viña recibindo anualmente para o exercicio 2020, así como a espectacular acollida que tivo o proxecto nas empresas locais, que coas súas aportacións económicas cobren o custo do transporte, e fan este servizo viable para este curso escolar”.

“Non obstante, os tempos cambiaron e a realidade xurídica e práctica debe adaptarse ós mesmos”, sinalan. En consecuencia, a ANPA do CRA María Zambrano, co apoio do Concello do Rosal e da dirección do CRA vai solicitar unha reunión coa Consellería de Educación co obxectivo de garantir a viabilidade do comedor nos vindeiros anos. Precisan a axuda, a implicación e o compromiso formal da Xunta, o organismo competente e con capacidade económica para dar resposta a esta realidade, que se vai repetir nos vindeiros anos. “Trátase da Educación dos nosos cativos”, subliñan

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.