spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Club Atletismo Trega regresa con tres medallas do XXIX Campionato Galego...

O Club Atletismo Trega regresa con tres medallas do XXIX Campionato Galego de Marcha en Ruta

club-atletismo-trega-regresa-tres-medallas-do-xxix-campionato-galego-marcha-rutaGran actuación da escola de atletismo Trega de Tomiño no XXIX Campionato Galego de Marcha en Ruta celebrado a pasada fin de semana en Aldán.

Unha vez máis os irmáns Sierpes compartiron podio, mentres que Emilia Rodríguez conseguía tamén quedar entre os tres primeiros cunha magnífica carreira.

Os irmáns Sierpes Pereira competían na distancia de 2 quilómetros en ruta sobre asfalto nun circuíto ao que tiveron que dar dúas voltas. Christian saíu dende o principio a pola victoria, impoñendo o seu ritmo e un claro dominio que o levarían a proclamarse como campión galego dos 2 quilómetros alevín masculino (mixto) en ruta cun tempo de 10’31’’. Cun crono de 10’50’’ facíase coa prata Álex Sierpes e proclamábase subcampión galego.

Pola súa banda, a marchadora Emilia Rodríguez arrancou na saída disposta a dar moita guerra e, a pesar da intensa choiva, loitou polo segundo posto ata o quilómetro 8. Tras dez voltas ao circuíto, a atleta conseguía o bronce na categoría de master veteranas, cunha clara vantaxe sobre a cuarta clasificada da categoría.

Dende o concello de Tomiño quérese felicitar ao club e aos seus deportistas polo gran esforzo feito e por todos os logros recollidos nesta nova edición do campionato galego de marcha en ruta.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.