spot_img
InicioVal MiñorBaionaChega a Baiona o roteiro marítimo "O Cabaleiro dás cunhas"

Chega a Baiona o roteiro marítimo “O Cabaleiro dás cunhas”

Chega a Baiona o roteiro marítimo "O Cabaleiro dás cunhas"Os tripulantes das embarcacións que participan no roteiro Marítimo do Apóstol Santiago a Galicia arribaron este luns en Baiona, sendo recibidos polo alcalde da Vila Real, Carlos Gómez Prado.

Este roteiro marítimo, coñecido como o Roteiro do Cabaleiro dás Cunhas, simboliza a travesía de “A Traslatio” do corpo do Apóstol Santiago, rememorando a lenda do Cabaleiro dás Cunhas, un nobre medieval morto ás beiras de Bouzas cando trasladaban os restos do corpo do Apóstol Santiago a Galicia…pasando por Portugal, obrando este o milagre de devolverlle á vida, emerxendo milagrosamente das augas coas súas roupas cubertas de cunchas de vise, converténdose así a cuncha de vieira como símbolo do xacobeo. Ademais o roteiro postúlase xa como un evento lúdico, turístico e cultural que conxuga a tradición dos costumes xacobeos coa práctica do deporte de vela.

Esta X edición arrincou o pasado día 3 de agosto, desde o Liceo Marítimo de Bouzas, tras arribar este domingo en Viana, e con aínda 6 etapas por diante, a frota composta por unhas 25 embarcacións percorren distintos puntos da costa podendo gozar durante a travesía dunhas espectaculares paisaxes costeiras e recalando en varios portos das Rías Baixas nos próximos días como son Cabo de Cruz – Boiro, na Ría de Arousa; Portosín, na de Muros e Noia, no seu tránsito máis ao norte, Pobra do Caramiñal, novamente na de Arousa, e regreso a Bouzas, o día 10 de agosto.

Nas horas que permaneceron nesta Vila desde a Concellería de Turismo, dirixida polo alcalde, preparóuselle unha visita guiada por distintas zonas de interese turístico, quedando marabillados coa beleza paisaxística do noso municipio.

Chega a Baiona o roteiro marítimo "O Cabaleiro dás cunhas"
Javier Grande e Carlos Gómez

Carlos Gómez mostrouse encantado de poder recibilos e orgulloso de que Baiona estea presente e forme parte dunha travesía cunha lenda preciosa, aproveitando a cita para agradecer ao Presidente Javier Grande, pola organización da mesma, desexando aos tripulantes que gocen desta experiencia e teñan un feliz percorrido.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.