Inicio Pontevedra Baixo Miño Centos de persoas disfrutaron esta Semana Santa da ruta dos Muiños do...

Centos de persoas disfrutaron esta Semana Santa da ruta dos Muiños do Folón e Picón

Centos de persoas disfrutaron esta Semana Santa da ruta dos Muiños do Folón e PicónA Oficina de Información dos Muíños do Folón e do Picón (Muíño das Laxes) estivo aberta dende o Xoves Santo 18 de abril ata o domingo 21 de abril da Semana Santa.

O bo tempo e as fantásticas condicións climáticas durante estes catro días nas Rías Baixas e en Galicia en xeral, fixeron que centos de persoas se achegaran ata O Rosal para disfrutar da nosa ruta de sendeirismo dos Muíños do Folón e do Picón.

Aínda que o primeiro día houbo chubascos practicamente toda a tarde, as persoas visitantes continuaron achegándose ata Martín, tanto a cuberto para contemplar as demostracións de moenda en directo que se realizaban na Oficina, como para realizar a ruta igualmente.

Durante estes catro días, contabilizáronse un total de 2.042 visitas, sendo o venres 19 de abril unha das xornadas nas que máis turistas se achegaron ata a nosa vila.

Como en anos anteriores, a procedencia dos/as turistas nesta Semana Santa, na súa maioría, foron de todas as provincias da Comunidade Galega. Ainda que tamén foron moitas as persoas de Portugal que visitaron os muiños nestes días.

En moita menor medida, anotamos varios/as turistas de Francia, Holanda e xa de territorio nacional, persoas de Madrid, Barcelona, Tenerife, etc.

Despois de dous anos, dende que en abril de 2017 se inaugurara a nova Área de Recepción dos Muíños do Folón, esta segue sendo unha verdadeira dinamizadora da contorna, xa que atrae a multitude de veciños/as do Baixo Miño e arredores que buscan unha paraxe de tranquilidade, paseo ou mesmo descanso.

A apertura do quiosco desta Área de Recepción, nesta Semana Santa vén tamén a ofrecer un servizo moi demandado por todas aquelas persoas que nos visitan (auga, refrescos, xeados, cafés, souvenirs da vila, etc).

A proba deportiva “Trail Adventure Muíños do Folón”, que este ano celebrou a súa segunda edición e que congregou en O Rosal a máis de 500 participantes, segue a ser unha “captadora” de visitantes da nosa ruta PR-G 94.

Moitas persoas se achegaban ata a oficina preguntando si se podía facer o mesmo percorrido da competición ou mesmo interesándose polas diferentes variantes que se ofertan tanto polos Muíños como polo noso territorio rosaleiro.

As demostracións de moenda en directo, que se realizaron durante os catro días, volven a ser un auténtico espectáculo para neno/ass e persoas adultas. Contemplar a conversión do millo en fariña, escoitar o son da abundante auga e o muíño a pleno rendemento foi, sen dúbida, un dos grandes atractivos para quen decidiu achegarse ata O Rosal.

A pesar de que nesta Semana Santa 2019 non se tivo constancia de que viñera ata a vila ningún autobús ou excursión concertada, foron centos de vehículos particulares os que si o fixeron, abarrotando tanto o aparcadoiro como as súas inmediacións, beirarrúas da estrada incluídas.

Para finalizar, destacar a importancia das redes sociais e o “boca a boca” que fan que a maioría das persoas visitantes veñan ata a nosa ruta e aos Muíños do Folón e do Picón “recomendados” por amistades ou mesmo por comentarios positivos que  len en páxinas especializadas de Internet, de viaxes ou de sendeirismo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
273SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies