spot_img
InicioGaliciaA Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal , AECT presenta en Valença...

A Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal , AECT presenta en Valença o “Anuario da Eurorrexión 2018”

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, a Xunta de Galicia, a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N) e a Eurocidade Tui-Valença presentaron hoxe na Câmara Municipal de Valença o Anuario da Eurorrexión 2018.

A sesión foi presidida polo Vicepresidente da Xunta da Galicia, Alfonso Rueda, pola Vicepresidenta da CCDR-N, Ester Silva e polos representantes da Eurocidade Valença-Tui.

A cooperación entre ambas rexións ten achegado nos últimos anos beneficios a ambos lados da fronteira e constitúe un dos exemplos de cooperación transfronteiriza máis importante de Europa. Ambas rexións teñen desenvolvido conxuntamente iniciativas como o Iacobus, programa de intercambio académico; cimeiras e visitas para abordar temas de interese para ambas rexións; ou o desenvolvemento de proxectos conxuntos no marco do POCTEP.

O ANUARIO DA EURORREXIÖN

Esta publicación reúne informes, comunicacións e actos de responsábeis políticos, de axentes sociais, da prensa e da gran maioría das institucións que operan na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

Neste anuario, para alén do destaque a iniciativas institucionais de cooperación transfronteiriza desenvolvidas pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT), polas Eurocidades e por outros axentes do territorio, tamén se encontran refletidas accións que procuran a dinamización da cooperación activa en prol da investigación, a cultura, o emprego e o desenvolvemento económico, destacando especialmente o Programa IACOBUS.

Inclúe ademais algúns dos acontecementos máis relevantes de 2018, tanto en España e Portugal como na Unión Europea e no mundo, que dalgún modo tiveron influencia na Eurorrexión.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.