Inicio Pontevedra Louriña A II ruta Bocaselas prevé vender máis de 10.000 bocadillos en tres...

A II ruta Bocaselas prevé vender máis de 10.000 bocadillos en tres fins de semana

O Concello de Salceda de Caselas xunto con 14 locais hostaleiros do municipio veñen de presentar a II edición do Bocaselas, a ruta de bocadillos do municipio, que se celebrará os venres e os sábados entre o 26 de abril e o 11 de maio (ambos incluídos).
Establécense dúas rutas diferenciadas: unha para os venres e outra para os sábados, con sete establecementos participantes en cada un dos días.
A iniciativa busca a consolidación tralo éxito da primeira edición celebrada o pasado ano, na
que se venderon máis de 12.000 bocadillos. Os bocadillos terán un prezo de 1,50 €, podendo acollerse en tódolos locais á oferta “bocatín + caña a 2,50 €”.
Concello e sector hostaleiro van da man nesta nova edición convencidos de que o público de Salceda e arredores volverá dar unha resposta positiva, e tamén por iso se prevén premios para as persoas que degusten os bocatas en varios establecementos, e que entrarán no sorteo de vales de compra para consumir nos locais participantes.
Loli Castiñeira, Concelleira de Comercio e Turismo, presentou o evento como una importante iniciativa para dinamizar o pobo e sobre todo os establecementos hostaleiros.
“Pensamos en seguir organizando este tipo de eventos que apoien ao comercio local, neste caso á hostalería. O Concello plantexou a iniciativa e estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo por parte dos diferentes establecementos e coa colaboración obtida dende o primeiro momento”.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

38FansGóstame
271SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies