spot_img
InicioAlto MinhoPascua sen fronteiras en Valença

Pascua sen fronteiras en Valença

Pascua sen fronteiras en ValençaO luns de Páscua, 22 de abril o río Miño foi o escenario, un ano máis, dunha tradición popular e relixiosa onde miles de minhotos e galegos mostraron a súa fe. A Cruz Pascal atravesou o Río Miño, nun tradicional paseo pascual transfronteirizo, co emblemático Lanço da Cruz. 
Unha Festa en Dous Países
O Santuario da Señora da Cabeza, na freguesía valenciana de Cristelo Côvo, o Caes de Sobrado – Torron, en Tomiño (Galiza) e o río Miño foron os recintos dunha autentica romaria galaico- minhota que decorre sempre o luns inmediato ao fin de semana da Pascua.
Lanzo da Cruz e Procesión Fluvial
Ao atardecer, despois da visita pascual a Cristelo- Côvo, o pároco coa Cruz Pascual, entrou nun barco de pesca e dirixiuse até á marxe española onde deu a cruz a bicar. Os pescadores lanzaron as redes ao río e todo o peixe que saíu no lance foi para o párroco. Co párroco portugués regresou, no barco, o párroco de Sobrado – Torrón, do Concello de Tomiño, dando a cruz a bicar aos peregrinos que agardaban xunto ao río, na marxe portuguesa. Varias embarcacións portuguesas e galegas acompañaron este paseo pascual, nunha auténtica procesión fluvial, nas augas do Miño.
Romaria Galaico Minhota
Ata á noite os sons das gaitas de foles mesturáronse cos das concertinas, das castañuelas, o rufar dos bombos e tambores nunha auténtica romaria galaico- minhota.
Os Merendeiros do Carneiro da Páscoa
O martes, 23 de Abril, mereceu especial referencia a misa para os peregrinos de Galicia, celebrada en galego, por un párroco galego. Este día tamén, por tradición, os peregrinos gozaron dos seus merendeiros nas sombras do parque comendo, sobre todo, o que sobrou do carneiro ou cabrito da Páscoa.
A tradición do Lanço da Cruz é unha manifestación relixiosa e popular moi acarinhada polas poboacións da raia minhota que ano tras ano atrae un maior número de populares e turistas.
Foto cedida por José Monte//
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.