spot_img
InicioVal MiñorNigránUn centenar de investidores interésanse polos proxectos acelerados en ViaGalicia

Un centenar de investidores interésanse polos proxectos acelerados en ViaGalicia

centenar-investidores-interesanse-polos-proxectos-acelerados-viagaliciaAs 17 empresas aceleradas na cuarta edición de ViaGalicia xa crearon 89 postos de traballo e nove delas realizan negocios internacionais

Coñecer as oportunidades de negocio e investimento que ofrecen as startups aceleradas durante a cuarta edición de ViaGalicia. Este foi o principal obxectivo do Investors Day, evento que se celebrou hoxe no Centro de Negocios de Porto do Molle (Nigrán).

Preto de cen persoas representantes de fondos de investimento, business angels, consultores, directivos de banca e axentes doutras aceleradoras, participaron neste evento, que foi inaugurado por Teresa Pedrosa, delegada do Estado no Consorcio de Zona Franca de Vigo e Fernando Guldrís, director de Xesgalicia. Para clausúraa, contouse coa presenza de Juan Cividanes, director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e do alcalde de Nigrán, Juan González.centenar-investidores-interesanse-polos-proxectos-acelerados-viagalicia

Como destacou Pedrosa, neste encontro, déronse a coñecer un total de 17 proxectos empresariais acelerados na cuarta edición de ViaGalicia, que no seu primeiro ano de vida xa xeraron 89 postos de traballo e ademais, nove deles xa realizan negocios internacionais.

Pola súa banda, o novo director de Xesgalicia recalcou que “os 17 proxectos que chegaron a esta xornada, tiveron que superar importantes retos e perfeccionar así o seu modelo de empresa para ser hoxe iniciativas atractivas para o investidor”.

Desde o sector téxtil, con iniciativas que apostan pola sustentabilidade no deseño das súas pezas ou pola creación de tecidos deportivos ‘sport fashion’ a través das últimas tecnoloxías de estampaxe, pasando por iniciativas de creación de produtos personalizados a partir de deseños de nenos, softwares para o sector farmacéutico ou aeronáutico, produtos de seguridade e privacidade en dispositivos móbiles, ou plataformas dixitais para o control e evolución de prezos ou para gozar online de multitude de concertos, son algúns dos campos de negocio das empresas que acelerou ViaGalicia nesta cuarta edición.

Na súa intervención, Cividanes apuntou entre outras cousas que “conseguimos que de pequenas ideas saian grandes proxectos” e tamén sinalou que “os resultados de financiamento mostran a Galicia como a terceira comunidade autónoma de España con maior financiamento destinado a startups, só por detrás de Cataluña e Madrid.”.

Finalmente, Juan González, alcalde de Nigrán, sinalou que “estamos encantados do traballo de Zona Franca e de todos os proxectos que se presentan” e subliñou que “para nós é un verdadeiro orgullo que Nigrán sexa o concello onde se xestaron multitude de ideas emprendedoras”.centenar-investidores-interesanse-polos-proxectos-acelerados-viagalicia

A xornada de hoxe corresponde á última fase do programa de aceleración de ViaGalicia, na que os emprendedores, xa empresarios, puideron defender o seu proxecto para captar novos socios a través de presentacións breves e áxiles. Cun tempo máximo de cinco minutos de exposición, presentaron os seus proxectos cun ‘pitch’ no que explicaron tamén os mercados aos que se dirixen ou os seus plans de crecemento. Pola súa banda, os investidores realizaron numerosas preguntas co obxectivo de aclarar diferentes dúbidas ou profundar nos plans empresariais presentados.

Con este encontro finaliza a última fase da cuarta edición de ViaGalicia, que ha contando cun orzamento total de 2,3 millóns de euros.

Sobre ViaGalicia

ViaGalicia é unha aceleradora impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é apostar por proxectos innovadores, acelerables e invertibles a través da súa participación nun amplo programa de formación, mentoring, coworking e financiamento. Desde a súa posta en marcha en 2013 e ata a súa cuarta edición, ViaGalicia, con 6 millóns de euros de investimento, recibiu máis de 900 propostas de negocio, impulsando máis de 120 proxectos, dos que máis de 60 convertéronse en empresas, e xerando máis de 260 empregos novos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.