spot_img
InicioVal MiñorBaiona"La Pinta" volverá a Baiona este fin de semana

“La Pinta” volverá a Baiona este fin de semana

Tras varias semanas en dique seco no peirao de reparacións dos estaleiros Joaquín Castro de Camposancos, na Guarda, a réplica da carabela “La Pinta” xa está practicamente lista e permanece á boia desde onte ás 13:30 horas.

A nave permanecerá amarada a peirao no río ata o sábado ao medio día e coa marea partirá rumba a Baiona, onde ten previsto arribar ao redor das 19.30 horas.

“Amarraremos no Monte Real Club de Yates e estaremos alí toda a semana rematando traballos de montaxe na parte do museo para trasladarnos ao noso amarre definitivo a tarde do venres 24 ou a mañá do sábado 25 de novembro”, matizou o concelleiro de Actividades Marítimas, Raúl Costas Lafuente.

Desde a Concellería de Actividades Marítimas do Concello de Baiona agradécese a colaboración do Monte Real Club de Yates e da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia encargados do remolque da carabela.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.