spot_img
InicioBaixo MiñoA comunicación pola ribeira do Miño entre Tomiño e Tui, máis perto...

A comunicación pola ribeira do Miño entre Tomiño e Tui, máis perto despois da instalación dunha pasarela sobre o río Pego

comunicacion-pola-ribeira-do-mino-tomino-e-tui-mais-perto-despois-da-instalacion-dunha-pasarela-rio-pegoO Concello de Tomiño acaba de colocar unha pasarela de madeira sobre o río Pego, o que permitirá darlle continuidade á actual senda polo río Miño e perfilar o futuro sendeiro que permitirá comunicar a vila con Tui.

Cun orzamento de preto de 65.000 euros, os técnicos colocaron este martes a ponte e durante os vindeiros días procederán a facer a ancoraxe da pasarela e as probas de carga para comprobar que se compren as normas. A ponte estará operativa a vindeira semana despois de rematar os accesos por ambas beiras da ponte para salvar o desnivel coa senda.

Trátase dunha rota cun alto valor paisaxístico, histórico e turístico da comarca que recupera un antigo sendeiro que a veciñanza leva empregando dende sempre e que percorre a ribeira do Miño. O obxectivo é dar acceso directo ao Miño respectando as directrices marcadas pola Red Natura e poñendo a disposición da cidadanía unha senda co mínimo impacto medioambiental, acondicionado con listóns de madeira e zahorra de canteira e que conte coa sinalización que informe sobre a flora e a fauna da zona.

En total serán uns 10 quilómetros de sendeiro que porán en valor o patrimonio medioambiental do concello de Tomiño e permitirá aos veciños e veciñas percorrer un espazo idóneo para a práctica do exercicio deportivo.

- Publicidade -spot_img