spot_img
InicioVal MiñorGondomarCatro finalistas optan ao Premio de poesía Victoriano Taibo

Catro finalistas optan ao Premio de poesía Victoriano Taibo

VII Premio de Poesía Victoriano TaiboO xurado da XI edición do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, reunido o 11 de setembro, de entre as 59 obras presentadas, elixiu como obras finalistas, as que ostentaban os seguintes títulos por orde alfabética:

  • A situación actual
  • De animais e outros deuses
  • Dente de leite
  • Diástoles e sintonías

O veredicto definitivo darase a coñecer nos próximos días, momento en que se fará público o gañador ou gañadora desta décimo primeira edición.

O xurado desta XI edición estivo constituído polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da X edición.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.