Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda proxecta recuperar as súas salinas romanas de Camposancos e O...

A Guarda proxecta recuperar as súas salinas romanas de Camposancos e O Seixal

A Guarda proxecta recuperar as súas salinas romanas de O Seixal y Camposancos«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e que permitirá descubrir su extensión e cronoloxía.

A Casa dos Alonso da Guarda acolleu a presentación do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», no que interviron Montserrat Magallanes, concelleira de Turismo, Xavier Crespo, Concelleiro de Patrimonio; Brais Currás, coordinador e investigador do proxecto (Investigador do CEAACP da Universidade de Coimbra e membro do grupo de investigación EST-AP do CSIC); Elena Herbello, Xerente do Gac Ría de Vigo-A Guarda; Mar Cortegoso, directora das escavacións, así coma diferentes persoas vinculadas directa e indirectamente co mesmo.

Para Xavier Crespo, Concelleiro de Patrimonio, este é «un proxecto moi importante para A Guarda, coa posta en valor doutro elemento patrimonial guardés, como son as salinas, unha satisfacción pola traxectoria dende os anos 80´s ata agora».

Brais Currás, coordinador e investigador do proxecto, destacou na súa intervención que «A Guarda, Mar de Sal permitirá potenciar este ben patrimonial a nivel económico, turístico e cultural, cun valor arqueolóxico de importante relevancia e cun proxecto de ciencia cidadá pioneiro en Galicia e España».

Mar Cortegoso,  directora das escavacións, explicou aos presentes neste acto que «realizaránse varias sondaxes para ver exactamente o tamaño global desta escavación arqueolóxica no Seixal, abrindo a maiores unha franxa de 200 m² na zona de fincas».

Elena Herbello, Xerente do Gac Ría de Vigo-A Guarda, deu a noraboa polo proxecto e pola implicación do Concello da Guarda, sinalando que «dende o GAC Ría de Vigo-A Guarda apoiamos este proxecto pola súa importancia para o tecido económico, patrimonial e turístico da Guarda e da súa contorna».

O PROXECTO

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un  medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

O proxecto contempla a escavación arqueolóxica, traballos de topografía e prospección, documentación fotogramétrica, rutas guiadas, restauración e consolidación, instalación de paneis informativos, análise edafolóxica, datación por OSL, un proxecto de ciencia cidadá que botará a andar o próximo ano, deseño dunha páxina web, e a edición dunha guía arqueolóxica cos resultados dos traballos.

Coa presente actuación A Guarda recuperará os traballos arqueolóxicos na zona do Seixal, buscando tanto ampliar a zona escavada no ano 2015, como manter visible unha superficie ampla dos restos de salinas que existen nesta zona, aproveitando ademais a existencia da senda litoral, para darlle un maior protagonismo e visibilidade ao xacemento, cunha interesante revalorización cultural e turística deste entorno.

A Guarda proxecta recuperar as súas salinas romanas de O Seixal y Camposancos
Salinas- vista xeral no sur da excavacion en area

As salinas da Guarda, segundo as escavacións realizadas no ano 2015 no Seixal, poden formar parte dun complexo salineiro de cronoloxía romana de maiores dimensións. O proxecto arqueolóxico permitirá descubrir a súa verdadeira extensión e coñecer con precisión a súa cronoloxía.

Como parte da intervención arqueolóxica, farase tamén unha limpeza no entorno das salinas escavadas na rocha situadas na Armona -na baixada a Camposancos- e levarase a cabo unha prospección sistemática pola costa para a identificación destas estruturas, moi pouco coñecidas e das que case nada se sabe da súa orixe.

Dende o Concello da Guarda agradécese o compromiso de diferentes institucións públicas e privadas, que dende un primeiro momento se comprometeron e apoiaron este proxecto, coma a Entidade Local Menor de Camposancos, o Grupo de Acción Costeira GAC Ría de Vigo-A Guarda, a Confraría de Pescadores Santa Tecla, a Organización de Palangreros Guardeses ORPAGU, o IES A Sangriña, a Asociación Naturalista «Baixo Miño» ANABAM, a Asociación de  Redeiras Atalaia, a Deputación de Pontevedra, así como ás institucións científicas encargadas da súa execución: o CEAACP da Universidade de Coimbra UC, a Universidade de Santiago de Compostela USC, o grupo de investigación EST-AP do Consejo Superior de Investigaciones Científicas CSIC, Universidad Complutense de Madrid UCM, e a Universidade da Coruña UDC.

De igual xeito agradécese aos particulares que cederon de xeito gratuíto as súas propiedades para realizar estes traballos de intervención arqueolóxica e de posta en valor das Salinas do Seixal.

O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto GALP-066.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
273SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies