Inicio Pontevedra Baixo Miño Carmela Silva condenou en Tomiño de forma tallante a violencia de xénero...

Carmela Silva condenou en Tomiño de forma tallante a violencia de xénero e resaltou o compromiso da alcaldesa neste tema

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, condenou de forma tallante a violencia de xénero, que nos últimos 10 anos provocou máis de 800 vítimas, e resaltou a importancia de esixir ás administracións que dediquen máis recursos para loitar contra esta lacra social.Silva resaltou o compromiso da alcaldesa de Tomiño, Sandra González (ausente por razóns de saúde), co tema da igualdade e da loita contra a violencia de xénero, e lembrou a necesidade de traballar xuntos dende todas as administracións.

A titular da Deputación fixo estas declaracións na Praza do Seixo, no concello de Tomiño, que acolleu este mediodía  o acto “Mulleres en acción. Violencia Cero”, e que contou coa presenza do tenente de alcalde e deputado Uxío Benítez e a súa compañeira Digna Rivas.Tamén acompañaron á presidenta a concelleira de Cultura e Servizos Sociais de Tomiño, Cristina Martínez, e a comisaria de Mulleres en acción, Paula Cabaleiro. A primeira, afirmou a vontade de apoiar incondicionalmente iniciativas deste tipo. “Dende o Concello de Tomiño, sumámonos a este proxecto coa meta de concienciar sobre a importancia de loitar contra a violencia machista”, precisou.

A actriz ourensá Uxía Morán foi a encargada de interpretar ante o público, a peza teatral unipersoal “A última cea”, logrando un retrato duro e contundente da muller maltratada. A actriz escenificou a vida dunha muller dende o día da voda, quedando logo confinada no fogar e vendo “como a ilusión da promesa de amor que se lle fixo no altar, vaise diluíndo pouco a pouco” A artista quixo ademais por en tela de xuízo o papel da relixión na educación das mulleres, que obedece a estereotipos de submisión, sacrificio, etc.

Mulleres en acción. Violencia Cero trátase dun proxecto de acción artística que se desenvolve no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar á poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas para loitar contra esta secuela presente na nosa sociedade.

Durante o 2016, seleccionáronse 10 lugares no espazo público de cidades e pobos da provincia inmersos no programa, que no 2017 ampliará o seu campo de acción a 25 municipios, segundo o anunciado hoxe por Carmela Silva.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies