Inicio Pontevedra A Deputación de Pontevedra celebra a fin da rodaxe da serie “O...

A Deputación de Pontevedra celebra a fin da rodaxe da serie “O final do Camiño”, co equipo de produción, técnico e artístico

a-deputacion-de-pontevedra-celebra-a-fin-da-rodaxe-da-serie-o-final-do-camino-co-equipo-de-producion-tecnico-e-artistico

A Deputación colabora coa serie televisiva que foi rodada en varios concellos de Pontevedra  e será unha das estreas do “prime time” de TVE e a TVG no próximo ano 2017

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asistiu na sede de Turismo Rías Baixas ao acto de fin da rodaxe da serie “O final do Camiño”, unha producción televisiva que Televisión Española e Televisión de Galicia emitirán en horario de máxima audiencia no próximo ano 2017. A colaboración da Deputación está baseada nas novas estratexias turísticas do goberno provincial porque nesta serie, de oito capítulos duns 70 minutos de duración cada un, a provincia de Pontevedra é o escenario protagonista xa que se rodou principalmente en localizacións de concellos como Silleda, Lalín, A Estrada, Forcarei ou Vila de Cruces. De feito ao acto asistiron o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña e a alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro.

O evento serviu para celebrar a fin da rodaxe co equipo de produción, técnico e artístico da mesma. Tamén se proxectou unha peza audiovisual na que se mostraron os enclaves das Rías Baixas nos que se gravou a serie, tanto imaxes dos propios espazos como do proceso da gravación, así como o tráiler promocional, e houbo ademais música en directo a través da actuación en formato acústico do grupo de electrónica pop “Antifrágil”.

Na súa intervención, a presidenta Carmela Silva sinalou  que a presentación desta serie “é un final extraordinario para un ano turístico excelente en Rias Baixas” e que a colaboración da Deputación con “O final do Camiño” é só a primeira das actuacións para 2017 que busca abrir novas vías, máis modernas e vangardistas para destacar as potencialidades da provincia. A presidenta resaltou que centos de miles de persoas van ver esta serie coas súas localizacións na  provincia de Pontevedra “e iso ten unha enorme capacidade de atracción turística. De feito os países con mais tradición turística de calidade e nivel o que fixeron foi traballar para que os seus territorios fosen escenarios de series e documentais”. Así mesmo Silva destacou a achega cultural da serie, centrada no Camiño de Santiago. “Fala de nós, do que somos, da nosa cultura. Dar a coñecer todo o armazón de algo que tanto nos identifica é fundamental”. A presidenta provincial tamén lembrou que este tipo de iniciativas ten un elemento de valor engadido. “É a autosatisfacción. Os galegos tiñamos unha eiva, agora cada vez menos, que era non sentirnos orgullosos do noso. Temos  unha longa extraordinaria e potentísima historia que fixo que Santiago fose un territorio dunha enorme puxanza tanto a nivel relixioso, como económico e sociolóxico”

Non acto tamén interviron os produtores e directores da serie ademais da actriz Fina Calleja, e o actor Antonio Durán Morris. que falaron en nome de todo o elenco artístico que se desprazou a Pontevedra

“O final do Camiño” (“El final del Camino” na súa emisión na televisión pública estatal) está dirixida a un público familiar e producida pola firma Voz Audiovisual. Baixo o patrocinio de Turismo Rías Baixas,  a emisión desta serie contémplase por parte da Deputación de Pontevedra como un escaparate turístico da provincia, xa que nesta produción poderanse ver paisaxes de Silleda, Lalín, Xestoso, Forcarei, a canteira de Rosende, a canteira de Vila de Cruces, os mosteiros de Carboeiro e Aciveiro, apraia fluvial de Siro, o Pazo de Outeiro en Vilatuxe, a fervenza de Escuadro, Vila de Cruces, Campomarzo, Ansemil, Carballeira da Barcia e o Castro da Estrada, entre outros.Ademais empregáronse as instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, onde se recreou a Compostela medieval e as obras de construción da catedral cun set de gravación de 2.500 metros cadrados. Na serie participan actrices e actores como Antonio Durán ‘Morris’, Fina Calleja, TitoAsorey, DeborahVukusik, Xavier Deive, Fernando Morán, Carlos Villarino, Manuel Regueiro (que estiveron todas elas e eles presentes no acto), Antonio Velázquez, Javier Rey, Maxi Iglesias, Begoña Maestre, Guillermo Barrientos, Cristina Castaño, Asier Etxeandia, Ismael Martínez, Juan Fernández, Joan Massotkleiner, Manuel de Blas, Jaime Olías, Patricia Peñalver ou Paco Manzanedo.

A serie xa comezou coa súa campaña de promoción, que se pode ver en televisión, e tamén se presentou en festivais como os de Cannes ou Miami. Con doses de loitas de poder, intrigas, historias de amor e desamor, asaltos e batallas, o comezo da historiasitúase no ano 1065 –dez anos antes do inicio das obras da nova catedral compostelá– e vertébrase arredor do Camiño de Santiago.

A Deputación de Pontevedra,a través de Turismo Rías Baixas,patrocina esta produción ao considerar que os patrocinios de series de éxito, películas, producións audiovisuais e, en definitiva, da industria cinematográfica, son actualmente ferramentas fundamentais para achegar escenarios ás espectadoras e espectadores televisivos e convidalas e convidalos a coñecelos. Esta é unha estratexia empregada habitualmente por diversos destinos turísticos, especialmente aqueles con maior proxección, que acada excelentes resultados a longo prazo.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

695FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies