Inicio Pontevedra Soutomaior destina en 2016 máis de 18.000 euros para axudas a través...

Soutomaior destina en 2016 máis de 18.000 euros para axudas a través dos seus Servicios Sociais

soutomaior-destina-en-2016-mais-de-18-000-euros-para-axudas-a-traves-dos-seus-servicios-sociais

O Goberno local acaba de asinar un convenio coa Fundación A Caixa para a adquisición de produtos de primeira necesidade para familias con dificultades económicas.

O Concello de Soutomaior acaba de asinar un novo convenio destinado a potenciar os servizos sociais municipais. Trátase dun acordo coa Fundación A Caixa a través do cal este nadal destinaranse 2.000 euros á adquisición de produtos de primeira necesidade para familias con dificultades económicas e menores ao seu cargo. Con esta nova colaboración, o Concello alcanza a cifra de 18.000 euros destinados ao longo do ano para atender situacións de emerxencia e risco de exclusión social.

O novo convenio de cooperación coa Fundación A Caixa ten como obxectivo proporcionar produtos de primeira necesidade a familias con dificultades económicas, en especial aquelas que contan con menores ao seu cargo. Polo que se destinará o importe total do acordo á compra de cueiros, aceite e cacao para o almorzo dos máis pequenos.

O alcalde, Agustín Reguera, destacou a importancia do labor levado a cabo pola Fundación A Caixa e reafirmou o compromiso do Concello de Soutomaior cos máis necesitados. “Este acordo permite ampliar a cobertura social do noso Concello nun momento especialmente importante como son o nadal. Permítenos axudar a máis familias con dificultades, a máis veciños. Que aínda que moitas veces non o saibamos, están aí e non o din, pero teñen problemas e necesitan a nosa axuda”, afirmou o rexedor local.

O Alcalde Agustín Reguera en presenza da Directora da Caixa da oficina de Arcade Rosa María Bouzo asinou o convenio.
Ademais dos convenios de colaboración asinados con diferentes organismos, os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior traballan durante o ano axudando en diversas situacións de emerxencia social. Durante o 2016, este servizo investiu máis de 12.000 euros en produtos de primeira necesidade para as familias, como electrodomésticos, aparellos de calefacción, lentes, alimentos non perecedoiros de todo tipo ademais de atender recibos de auga e electricidade para evitar cortes. O gasto máis destacable é o destinado a evitar situacións de desafiuzamento. Unha partida que se elevou ata os 6.000 euros e que axudou a 9 familias do municipio en momentos de gran necesidade.
Fundación Amigos de Galicia.

Outra das entidades coas que anualmente colabora o Concello de Soutomaior é a Fundación Amigos de Galicia, a través da cal se destinaron este ano máis de 4.000 euros para atender as necesidades básicas de persoas con dificultades económicas. En especial, atende a persoas sen recursos e en grave risco de exclusión social, familias con nenos, persoas maiores ou dependentes, mulleres vítimas da violencia de xénero e drogodependentes. Durante o pasado ano, os Servizos Sociais do Concello de Soutomaior axudaron mensualmente a un total de 29 familias, sumando un total de 96 veciños entre os que se atopaban 27 menores de idade, proporcionándolles aveños e produtos necesarios para a vida cotiá que non poden adquirir as familias como colchóns, varandas de seguridade para persoas maiores…,ademais de diferentes produtos non perecedoiros.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies