Inicio Val Miñor Nigrán Carlos Núñez, Jorge Garbajosa, Begoña Fernández e Ledicia Costas colaboran este ano...

Carlos Núñez, Jorge Garbajosa, Begoña Fernández e Ledicia Costas colaboran este ano co CB NIgán na homenaxe ás vítimas da #ViolenciaMachista

Carlos Núñez, Jorge Garbajosa, Begoña Fernández e Ledicia Costas colaboran este ano co CB NIgán na homenaxe ás vítimas da #ViolenciaMachistaCarlos Núñez, Jorge Garbajosa, Begoña Fernández e Ledicia Costas colaboran este ano co CB NIgán na homenaxe ás vítimas da #ViolenciaMachista

O CB Nigrán quere render un ano máis homenaxe ás vítimas de malos tratos con motivo do día contra a Violencia de Xénero cun vídeo no que colaboraron personalidades destacadas de diferentes ámbitos como Carlos Nuñez, Jorge Garbajosa, Ledicia Costas, Kostas Vasileiadis ou Liño López e entidades como Amfiv Iberconsa ou Juan María ademais dos propios xogadores e xogadoras do club. Cada balón no vídeo simboliza unha vítima.Carlos Núñez, Jorge Garbajosa, Begoña Fernández e Ledicia Costas colaboran este ano co CB NIgán na homenaxe ás vítimas da #ViolenciaMachista

O CB Nigrán, con motivo do día contra a Violencia de Xénero, quixo render un ano máis unha sentida homenaxe ás súas vítimas a través da edición dun vídeo no que aparecen representantes de diferentes ámbitos da sociedade como o músico galego Carlos Núñez, a medallista olímpica en balonmán Begoña Fernández, Miguel Méndez, o adestrador de Perfumerías Avenida Liño López , a xogadora de baloncesto da selección español Belén Arroxo, os presidentes da Federacion española e galega de baloncesto, a escritora Ledicia Costas, o xogador do Obradoiro Kostas Vasileiadis , así como diversos colectivos tales como o club Amfiv, o Basketmi Ferrol, o centro Juan María ou os claustros de profesores dos colexios Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos, Panxón e Mallón, entre outros .Todos eles aparecen no vídeo portando unha pelota de baloncesto, un balón por cada muller asasinada así como por cada un dos nenos e nenas asasinados neste 2018. Todos quixeron colaborar nesta iniciativa do Club de Baloncesto Nigrán, unha iniciativa que forma parte do traballo social que realizan desde o club, onde consideran un aspecto fundamental traballar valores a través do deporte.

Con cada un destes balóns que simbolizan ás vítimas o Club Baloncesto Nigrán debuxou un gran lazo na pista de xogo do pavillón do colexio de Panxón en torno ao cal se colocaron os xogadores, adestradores, directivos e familias do club, constituíndo a imaxe final do vídeo a través do cal o CB Nigrán busca concienciar e sensibilizar sobre “esta secuela social que non cesa no seu goteo de vítimas e que sirva como un pequeno granito de area na loita contra a violencia machista”.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies