Inicio Pontevedra Primeiro encontro de empresarios e empresarias de Galicia, Asturias e Cantabria adheridos...

Primeiro encontro de empresarios e empresarias de Galicia, Asturias e Cantabria adheridos ao proxecto de experiencias vinculadas ao mar de “Villas Marineras”

Primeiro encontro de empresarios e empresarias de Galicia, Asturias e Cantabria adheridos ao proxecto de experiencias vinculadas ao mar de Vila MariñeirasPrimeiro encontro de empresarios e empresarias de Galicia, Asturias e Cantabria adheridos ao proxecto de experiencias vinculadas ao mar de “Villas Marineras”

Omte desenvolveuse na vila de Llanes unha mesa de traballo para a creación de experiencias turístico mariñeiras con empresarios das 6 “Villas Marineras” que integran a rede de municipios do norte de España: Llanes e Ribadesella (Asturias); San Vicente de la Barquera, Santoña, Laredo (Cantabria) e Baiona (Galicia).

Os obxectivos desta sesión foron os seguintes:

1. Fomentar a relación entre as “Villas Marineras”, creando lazos entre empresarios que, a futuro pode dar lugar a unha colaboración e promoción conxunta.

2. Expoñer as experiencias e sumar valor ao proxecto achegando ideas, propostas e suxestións de mellora ás mesmas.

É a fase de posta en común das experiencias mariñeiras seleccionadas nas 6 “Villas Marineras”, vinculadas á potenciación da cultura do mar e a ofrecer ao visitante ou turista unha actividade real que lle emocione, que lembre e que finalmente recomende. Visitas á lonxa, paseos en barco, actividades artesanais como o sobado da anchoa, actividade mariñeira vendo como chegan os barcos pesqueiros a porto ou como os preparan antes de saír a faenar, rutas guiadas polo porto pesqueiro, talleres do mar, avistamento de aves nas marismas, son algunhas das experiencias expostas.

De forma simultánea, o sector de turismo activo e actividades naúticas e acuáticas participa de forma activa no proxecto, potenciando o enfoque mariñeiro da propia actividade contando historias e lendas mariñeiras, curiosidades, cultura do mar, artes de pesca, a forma de vida pesqueira e os oficios. Surf, paddel surf, cursos de surf, kaiak de mar, piragüismo, motos de auga, rutas dacabalo, en bicicleta ou triciclo.

Sen dúbida un éxito de participación, o primeiro de moitos máis encontros de intercambio, coñecemento do sector e achegamento para o fomento dunha promoción conxunta en rede do tecido empresarial das “Villas Marineras”.

No desenvolvemento da xornada de traballo, estiveron presentes representantes dos concellos respectivos e técnicos de turismo, ademais dos auténticos protagonistas que son as empresas que desenvolven as experiencias mariñeiras e a oferta complementaria de cada destino como o aloxamento, o comercio ou a restauración. Tras unha breve presentación por parte da xerencia de “Villas Marineras” do estado de proxecto e dos seguintes pasos antes da súa conclusión, repasáronse os compromisos de adhesión das empresas entre os que cabe destacar o desenvolvemento da actividade nun dos municipios da rede, que a actividade faga unha chiscadela ao mar cunha temática ou discurso mariñeiro e, estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil que poida cubrir calquera eventualidade no desenvolvemento da visita.

Cabe destacar a rolda de presentación das experiencias postas en valor en cada Vila Mariñeira, momento no que tomaron a palabra os representantes de cada actividade vivencial para expoñer o seu contido brevemente aos presentes.

Finalizou a xornada coa dinámica de traballo en mesas entre vilas nas que estaban representadas todos os municipios e nas que se trataron temáticas diversas como a análise das experiencias da mesa, puntos fortes e elementos de mellora das mesmas. Así como propostas de experiencias auténticas que non estaban recollidas no catálogo provisional.

E como non podía ser doutra maneira, a sesión de traballo tivo como colofón o desenvolvemento dunha das experiencias da man da guía de turismo de Llanes Mónica Balmori e a Confraría de pescadores, con visita á lonxa e historia dun mariñeiro en terra. Esta iniciativa está impulsada pola Asociación de Municipios de “Villas Marineras”. A creación de experiencias mariñeiras e a elaboración dun estudo de mercado potencial destas Vilas, desenvólvese no marco de execución do Plan Estratéxico da Asociación de “Villas Marineras”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies