Carlos Núñez, Jorge Garbajosa, Begoña Fernández e Ledicia Costas colaboran este ano co CB NIgán na homenaxe ás vítimas da #ViolenciaMachista
O CB Nigrán quere render un ano máis homenaxe ás vítimas de malos tratos con motivo do día contra a Violencia de Xénero cun vídeo no que colaboraron personalidades destacadas de diferentes ámbitos como Carlos Nuñez, Jorge Garbajosa, Ledicia Costas, Kostas Vasileiadis ou Liño López e entidades como Amfiv Iberconsa ou Juan María ademais dos propios xogadores e xogadoras do club. Cada balón no vídeo simboliza unha vítima.
O CB Nigrán, con motivo do día contra a Violencia de Xénero, quixo render un ano máis unha sentida homenaxe ás súas vítimas a través da edición dun vídeo no que aparecen representantes de diferentes ámbitos da sociedade como o músico galego Carlos Núñez, a medallista olímpica en balonmán Begoña Fernández, Miguel Méndez, o adestrador de Perfumerías Avenida Liño López , a xogadora de baloncesto da selección español Belén Arroxo, os presidentes da Federacion española e galega de baloncesto, a escritora Ledicia Costas, o xogador do Obradoiro Kostas Vasileiadis , así como diversos colectivos tales como o club Amfiv, o Basketmi Ferrol, o centro Juan María ou os claustros de profesores dos colexios Humberto Juanes, Carlos Casares, Cruz Camos, Panxón e Mallón, entre outros .Todos eles aparecen no vídeo portando unha pelota de baloncesto, un balón por cada muller asasinada así como por cada un dos nenos e nenas asasinados neste 2018. Todos quixeron colaborar nesta iniciativa do Club de Baloncesto Nigrán, unha iniciativa que forma parte do traballo social que realizan desde o club, onde consideran un aspecto fundamental traballar valores a través do deporte.



