O Auditorio Municipal de Cangas leva desde hoxe o nome de Xosé Manuel Pazos Varela, en homenaxe ao exalcalde e autor teatral, falecido en xaneiro de 2021.
Nunha rúa ocupada por numerosas persoas, entre as que estaban a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos e o alcalde de Bueu, Félix Juncal, a concelleira de Cultura, Aurora Prieto, abrío o acto.
A continuación o nome na fachada foi descuberto pola alcaldesa, Vitoria Portas, e a súa familia.
Tras o descubrimento do nome e co himno de Galicia interpretado pola Banda local Tromentelo, os actos continuaron no interior do auditorio.