Froito da colaboración entre o MARCO e a Sala Rekalde, Bilbao (Deputación Foral de Bizkaia) para a itinerancia e coprodución de exposicións, chega a Vigo As sete xanelas, que reúne boa parte do traballo de Idoia Montón (Donostia, 1969) dende 1990 ata a actualidade: pinturas, debuxos e colaxes procedentes de coleccións privadas e institucionais, como o Museo de Bellas Artes de Bilbao e o Museo San Telmo, Donostia.
O título “as sete xanelas” quere expresar –tanto literal como metaforicamente– as diferentes formas de conxugar as relacións entre o dentro e o fóra, o marco e o van, ou a rúa e o cuarto. O uso da xanela é un elemento reiterado ao longo de toda a súa traxectoria como medio para ver a realidade, a paisaxe ou a vida. Sublíñase a importancia do punto de vista, dunha mirada que nunca é normativa, directa ou centrada, senón lateral, múltiple e fragmentaria; así como a persistencia dos espellos e a imaxe reflectida.
Esta nova exposición temporal estará aberta ata o 4 de setembro de 2022
O uso da xanela é un elemento reiterado ao longo de toda a súa traxectoria para ver a realidade, a paisaxe ou a vida.
“O meu traballo aliméntase do meu vínculo cos espazos que vou habitando, nos que me desenvolvo. Mediante a relación directa coas cousas, aquelas que poderiamos entender como as máis sinxelas da nosa cotiandade, indago en min mesma cuestionando as circunstancias ou acontecementos que me interpelan. A miña obra exterioriza a miña sentir e tenta, coa súa posible capacidade transformadora, actuar sobre a realidade”, explica a artista.
Horarios apertura
De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00. Domingos, de 11.00 a 14.30
Información e visitas guiadas
O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:
Todos os días ás 18.00
Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita nos tel. 986 113900 / 986 113908