Inicio Reportaxes Cando alguén di "Unha vez cada Lúa azul", sabe o que iso...

Cando alguén di “Unha vez cada Lúa azul”, sabe o que iso significa?:

Algo que sucede case nunca, raro e até quizais, absurdo. Este ano, iso quere dicir “31 de Xullo: Lúa azul de Verán”

Cando-alguén-di-Unha-vez-cada-Lúa-azul-sabe-que-iso-significaPor segunda vez neste mes, a Lúa está a piques de converterse nunha Lúa chea. Houbo unha Lúa chea o 2 de xullo, e agora aproxímase a segunda, o 31 de xullo. Segundo o folclore moderno, cando hai dúas lúas cheas nun mesmo mes, a segunda é “azul”. Esta definición de Lúa azul é algo recente.

Se lle tivese dito a alguén na época de Shakespeare que algo acontece “unha vez cada Lúa azul”, esa persoa non lle tería atribuído ningún significado astronómico á expresión. A Lúa azul simplemente referíase a algo raro ou absurdo, como programar unha cita para “o doce de nunca”. Dende entón, non obstante, o seu significado cambiou.

Elvis nunha das súas cancións foi máis romántico ao dicir que abonda só un bico para que a Lúa azul se transforme en ouro

A definición moderna xurdiu na década de 1940. Naqueles días, o almanaque do granxeiro de Maine ofrecía unha definición de Lúa azul tan complicada que moitos astrónomos non lograban entendela. Involucraba factores como as datas eclesiásticas de Pascua e Coresma, anos tropicais e a aparición das estacións segundo o Sol medio dinámico. Co obxectivo de explicar o fenómeno da Lúa azul en termos sinxelos, a revista Sky &Telescope publicou un artigo en 1946 titulado “Unha vez cada Lúa azul”. O autor, James Hugh Pruett (1886-1955), citou o almanaque de Maine de 1937 e opinou que a “segunda [Lúa chea] nun mes, segundo a miña interpretación, se chama Lúa azul”.

Cando-alguén-di-Unha-vez-cada-Lúa-azul-sabe-que-iso-significa

Isto non era correcto, pero polo menos podíase entender. E así naceu a moderna Lúa azul. A maioría das lúas azuis vense pálidas e brancas, do mesmo xeito que a Lúa que vemos en calquera outra noite. O só feito de incluír unha segunda Lúa chea nun mesmo mes do calendario non cambia a súa cor. Non obstante, en raras ocasións, a Lúa pode volverse azul.

Para que a Lúa se vexa realmente azul necesítase xeralmente unha erupción volcánica. En 1883, por exemplo, víronse lúas azuis case todas as noites despois que o volcán indonesio Krakatoa explotase coa forza dunha bomba nuclear de 100 megatóns. Penachos de cinza eleváronse ata o cume da atmosfera da Terra e a Lúa… volveuse azul!

Cando-alguén-di-Unha-vez-cada-Lúa-azul-sabe-que-iso-significa

Iso debeuse ás cinzas do volcán Krakatoa. Algúns dos penachos estaban cheos de partículas de 1 micra de ancho, o que é practicamente igual á lonxitude de onda da luz vermella. As partículas deste tamaño especial son ideais para dispersar a luz vermella, mentres que permiten o paso da luz azul. Deste xeito, as nubes do Krakatoa actuaron como un filtro azul.

Tamén se observaron lúas azuladas en 1983 despois da erupción do volcán El Chichón, en México. E existen informes de lúas azuis causadas polo monte Santa Helena, en 1980, e polo montePinatubo, en 1991.

Os incendios forestais poden facer o mesmo truco. Un exemplo famoso é o xigante incendio que tivo lugar nos lamazais deAlberta, Canadá, en setembro do ano 1953. Nubes de fume que contiñan pingas de aceite de tamaño micrométrico produciron soles de cor lavanda e lúas azuladas que se estenderon dende América do Norte até Inglaterra. Nesta época do ano, os incendios forestais de verán a miúdo producen fume con abundancia de partículas de tamaño micrométrico; iso é xusto o tamaño correcto para facer que a Lúa se volva realmente azul.

Cando-alguén-di-Unha-vez-cada-Lúa-azul-sabe-que-iso-significa

Doutra banda, é posible que se torne vermella. A miúdo, cando a Lúa está moi baixa, vese vermella pola mesma razón que os atardeceres se ven vermellos. A atmosfera está repleta de aerosois moito máis pequenos que aqueles que inxectan os volcáns. Estes aerosois dispersan a luz azul, deixando a luz vermella atrás.

Por esta razón, son moito máis frecuentes as lúas azuis vermellas que as lúas azuis azuladas.

Soa absurdo? Si, pero así é todo o relacionado coa Lúa azul. Vaia fóra ao atardecer do 31 de xullo, mire cara ao Leste e observe que cor ten.

Cando-alguén-di-Unha-vez-cada-Lúa-azul-sabe-que-iso-significaFotos//NASAScience

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies