spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Museo Casa da Navegación de Baiona recibe unha visita moi especial

O Museo Casa da Navegación de Baiona recibe unha visita moi especial

Museo-Casa-Navegación-Baiona-recibe-unha-visita-moi-especial

O Museo Casa da Navegación de Baiona recibiu unha visita moi especial, a de Arnhild Utheim, única supervivente do naufraxio do “Thalasa” en 1948. A norueguesa, realizou un percorrido polas exposicións do museo parándose con especial interese na parte dedicada aos naufraxios.

Arnhild complementou as explicacións do guía do mueso ao relatar moi emocionada os seus recordos da traxedia, aínda nítidos malia transcorrer seis décadas dende o 31 de decembro de 1948. “Teño gravada a imaxe de cando me erguín na praia pola mañá. Había dous soldados e leváronme a un hospital“. Só un día antes, o iate “Thalassa“, no que navegaba cos seus pais, os seus dous irmáns e outras dez persoas, zarpara dende Vigo rumbo ás Illas Galápagos, onde o seu pai ía traballar. Ante a marusía que empeoraba, o capitán decidiu regresar. Pero xa non foi posible. Un terrible golpe de mar partiu en dous a embarcación e Arnhild foi a única supervivente. “Despois dunha semana de coidados leváronme a Madrid para partir de novo a Noruega”, onde quedaría ao coidado dunha tía ata que casou e formou a súa propia familia.

A norueguesa, que tiña dez anos de idade cando o barco se afundiu fronte á costa de Baiona, a poucos metros de Cabo Silleiro, mostrou moito interese polos outros naufraxios acaecidos na vila.

O Alcalde de Baiona, o Concelleiro de Medio e a Concelleira de Turismo quixeron arroupar a supervivente nesta visita tan significativa.

Arnhild Utheim, non visitaba a vila dende o ano 2012, cando o Concello de Baiona rendeu homenaxe nun emotivo acto aos náufragos do “Thalassa.

Tras o seu paso polo mueso da navegación, Utheim dirixiuse á Casa Consistorial para asinar no libro de honra do Concello de Baiona onde as súas palabras deixaron por escrito constancia do enorme agradecemento e aprecio que esta supervivente mostra pola vila de Baiona. A norueguesa non ignora que nesta terra viviu o drama da súa vida pero tampouco esquece os baioneses que se envorcaron coa súa historia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.