Inicio Pontevedra O Concello de Baiona presenta tres novas rutas ambientais

O Concello de Baiona presenta tres novas rutas ambientais

Concello-Baiona-presenta-tres-novas-rutas-ambientais

Esta mañá Jesús Vázquez Almuiña alcalde de Baiona e Anxo Rodal concelleiro de medio ambiente, presentaron tres novas sendas que se suman á “malla” verde que está a tecer o Concello de Baiona nos montes da localidade para pór en valor a súa riqueza paisaxística e etnográfica.

O tecido de rutas ambientais que percorre os montes de Baiona faise cada día máis forte

A Ruta do Camiño portugués pola costa ten 9,3 Km de lonxitude, cun nivel de dificultade baixa, é ideal para persoas que desexen gozar nunha mesma ruta do noso patrimonio histórico e a paraxe natural Concello-Baiona-renova-pegada-Camiño-Portugués-Costaque nos mostra a costa. O tempo estimado de duración do percorrido é de 2,20 horas.

Parte da oficina de turismo, os camiñantes diríxense ao centro histórico da Vila, ata que aos pés da ExColegiata de Santa Maria de Baiona, incorporaranse ao camiño portugués pola costa. Durante estes quilómetros de peregrinación os viaxeiros atoparanse ao seu paso con varios monumentos baioneses como o antigo hospital Santi Spiritus, hoxe biblioteca nacional, o cruceiro da Santísima Trindade…
O Concello aproveita para potenciar con esta ruta o camiño portugués que pasa polo municipio e que conta cunha gran afluencia de público.

A Ruta 2 – Fluvial e litoral presenta un percorrido de 12Km de lonxitude, cun nivel de dificultade medio. Este itinerario é moi interesante para aquelas persoas que lles apaixonen a natureza e o contacto co mar. Percorre durante parte da costa baionesa e tamén inclúe un traxecto polo paseo fluvial de madeira do Río de Baíña, e polo paseo fluvial de Baredo. O tempo estimado de duración do percorrido é de 3,25horas

A Ruta 3- Dos petróglifos foi recuperada pois levaba descatalogada 25 anos. Os camiñantes percorrerán 17,2 km e un tempo estimado de 4,45 horas. O nivel de dificultade ao que se enfrontarán os aventureiros será medio/alto. Este percorrido é idóneo para persoas xa experimentadas na actividade do sendeirismo e que queiran gozar da alta montaña e os seus elementos etnográficos.

Todas as Rutas son circulares, comezan e terminan no mesmo punto: a Oficina de Turismo

A trama de camiños e senllas apoiados sobre a Rede Baiona en ruta do Concello permite que os baioneses e visitantes poidan gozar dunha incrible variedade de rutas verdes para practicar sendeirismo, pasear etc á vez que se enriquecen do amplo patrimonio da vila.

Concello-Baiona-presenta-tres-novas-rutas-ambientais

Na súa intervención o Vázquez Almuiña declarou que hoxe foi un día importante para Baiona. As novas rutas ambientais veñen complementar a oferta turística e cultural da localidade. Baioneses e visitantes poderán gozar dunha nova alternativa na que gozar do seu tempo libre.

Anxo Rodal, concelleiro de medio ambiente, informou que as rutas ocupan o 70% do noso municipio. Ocupan todas as parroquias (Baíña, Baredo, Santa Cristina de a Ramallosa (Sabarís)), excepto Belesar. O edil, fiel ao seu compromiso por impulsar o coñecemento do patrimonio ambiental e cultural das parroquias declarou que se está traballando na creación dunha nova senda que percorra os montes de Belesar. Deste xeito Baiona terá todas as parroquias con rutas.

Desde a Concellaría de Medio Ambiente fíxose unha laboriosa e coidadosa tarefa de sinalización das novas rutas ambientais. Aqueles que emprendan a viaxe por algunha das sendas ofertadas non se atoparán con ningunha dificultade á hora de continuar co camiño a seguir, pois se incorporou sinais tanto verticais como horizontais.

Todos os camiños están marcados cunhas tablillas de madeira que levan pintado un dado dunha cor, dependendo da ruta pola que se estea camiñando. Para a senda do camiño portugués pola costa os viaxeiros atoparanse cun dado de cor amarela, para a ruta fluvial a cor será azul e para a dos petróglifos a cor será verde.

Durante os últimos meses traballouse intensamente cos ténicos do concello en todo o proceso de sinalización das Rutas

 

Ademais, e complementando a sinalización, como todas as rutas parten da oficina de turismo, aqueles que o desexen poden, coa axuda dun móbil, dispor da información das sendas tan só con apuntar a cámara cara ao código QR que poderán atopar na oficina de Paseo Ribeira.

Coa axuda desta tecnologia o camiñante poderá saber en cada momento onde se atopa, polo que se se desviase, indícalle o camiño correcto.

Concello-Baiona-presenta-tres-novas-rutas-ambientais

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies