Este domingo ás 12:30 horas no pavillón Municipal de Baiona celebrarase o partido de liga galega xuvenil BAIÑA FS-CD BEADE. No descanso do partido actuará o grupo de baile Viro´s de Baiña, dirixido por Laura Xurado.
O Baíña fútbol sala, en colaboración co club deportivo Beade, o Centro Cultural de Baíña e o grupo Viro´s, queren achegar a súa pequena axuda ao Club Flic flac na súa campaña de solidaria e farán unha venda de camisetas realizadas pola imprenta Publix de Gondomar especialmente para a ocasión, tamén se poderán comprar bufandas do Baíña e do CD Beade que estes clubs doarán para a ocasión co fin de recadar fondos para axudar a Desirée na súa campaña.
O Centro cultural de Baiña celebra o sábado un festival do grupo Viro’s no auditorio de Baiona ao seis da tarde. O 50% do diñeiro recadado será doado á nosa veciña de Gondomar Desy.
Informamos que o que queira facer o seu donativo particular poderá facelo na conta ABANCA n.º de Conta: ÍAN É36 2080 1194 6130 0000 6860. Conta oficial da campaña solidaria.




