Inicio Val Miñor Baiona 38 establecementos participarán na 4ª edición de "Bai de Tapas" de Baiona

38 establecementos participarán na 4ª edición de “Bai de Tapas” de Baiona

Bai-de-tapas-baionaA cuarta edición do concurso de tapas de Baiona, que se celebrará do 7 ao 31 de maio, contará coa participación de 38 establecementos, o que supón un récord de participación na curta vida do concurso.

Os locais realizarán un total de 76 tapas diferentes que os consumidores poderán degustar a un prezo de 2 € ou 3’50 €, se se combina cun dos viños que patrocinan o concurso, que pertencen ás Adegas HGA, Escudeiro e ao distribuidor Disgobe Selección de Viños.

A metodoloxía do concurso require que os participantes realicen unha ruta por 10 locais, como mínimo, para poder acceder ao sorteo de premios que se realizará unha vez finalice o concurso. Entre os consumidores que voten as tapas, e consigan un mínimo de 10 selos, sortearanse 38 premios como ceas, vales de degustación, lotes de viño,… achegados polos establecementos participantes, ademais dun primeiro premio que será un Ipad, ao igual que en edicións anteriores.

A maiores realizarase o sorteo do Premio Adegas HGA, que consistirá nunha noite para dúas persoas no Talaso Augas Santas (Pantón-Monforte), con percorrido mariño, cea, almorzo e visita con degustación ás Adegas Regina Viarum.

Por outro lado, a tapa que consiga a puntuación media máis alta entre os consumidores levarase o “Premio á Mellor Tapa 2015”, que o ano pasado recaeu na “Tosta de polbo agridoce rozada con xamón ibérico e maldon” da Pulpería Balneario. Ademais, os locais creadores das tres tapas máis votadas recibirán un obsequio por parte da adega patrocinadora do concurso.

Os locais participantes son os seguintes: A Trastenda Tapas, Acuarela, Asómate, Atajo Cervecería, Bibendum, Bocatería Baioca, Café Bar Begoña, Café Cerchas, Café Vagalume, Cafetería Anunciada, Cafetería Monterrey, El Túnel, Fonte de Zeta Mesón,
Gold Bar, Gordo Gastrobar, Helados Gamela, La Boquería, La Crep, La Micro, La Real, La Tasquita, Mesón Fidalgo, O Rincón Tapería, Parador De Baiona, Pulpería Balneario, Pulpería Oleaxe, Recuncho Mariñeiro, Restaurante Asador Casa Soto, Restaurante Rizón, Ristorante Capone, Rústico Tapería – cervecería, Taberna A Capela, Taberna Mendoza, Taberna Novo Marrucho, Tapería Casanova, Tapería La Abuela, Tapería-pizzería El Patio e Tapería San Xoán.

Para promover este evento a organización realizará unha importante campaña publicitaria en diversos medios de comunicación e a través de diferentes soportes, sobre todo, centrados na cidade de Vigo e a súa área de influencia.

Bai de Tapas está organizado pola Concellaría de Turismo de Baiona, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba), e patrocinado por Adegas HGA, Adegas Escudeiro e o distribuidor Disgobe Selección de Viños.

Máis información: Concellaría de Turismo de Baiona; 986 38 59 24;
turismo@baiona.org

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies