spot_img
InicioPontevedra e ÁreaCabra, marcado para morrer, de Eduardo Coutinho, exhibirase na gala inaugural do...

Cabra, marcado para morrer, de Eduardo Coutinho, exhibirase na gala inaugural do VII Festival Primavera do Cine

cabra-marcado-para-morrer-de-eduardo-coutinho-exhibirase-na-gala-inaugural-do-vii-festival-primavera-do-cineNa gala inaugural da sétima edición do Festival Primavera do Cine, que se celebrará do 8 ao 13 de maio, proxectarase unha das obras máis representativas do Novo Cinema Brasileiro. Trátase de Cabra, marcado para morrer, do documentalista Eduardo Coutinho (1933-2014).

Deste xeito, na inauguración do certame, que terá lugar no Auditorio do Concello o 9 de maio ás 19.30 poderase ver un dos grandes documentais feitos en Brasil. Cabra, marcado para morrer é un filme que leva a gran pantalla a historia das Ligas Campesiñas do norte de Brasil, contrarias á reforma agraria e reclamaban unha mellora nas súas condicións de vida. A cinta céntrase na figura de João Pedro Teixeira, líder campesiño asasinado en 1962, e a vida dos seus familiares.

Este documental comezouse a rodar en 1964, sen embargo a rodaxe interrompeuse o 31 de marzo dese mesmo ano debido ao golpe militar, onde se confiscou o material e se produciron detencións de membros do equipo.

Xa en 1969, Eduardo Coutinho volvería a retomar o proxecto, aínda que lle daría unha nova perspectiva buscando tamén as voces e as vivencias dos familiares de Teixeira entre os que se atopa a súa muller, Elizabeth Teixeira. Así, a cinta fala de João Teixeira, pero tamén da ditadura que asolou ao país durante vinte anos e as vidas que levaron os seus protagonistas desde 1964.

Cabra, marcado para morrer recibiu, entre outros, o premio Hors Concours do Festival de Cine Brasilero de Gramado e o premio da crítica internacional do Festival de Berlín en 1985.

Aproveitando que Brasil é o país invitado desta nova edición do Primavera do Cine en Vigo, a organización do festival busca achegar a figura de Eduardo Coutinho o público xa que é un dos documentalistas máis importantes de Brasil e Latinoamérica e gran representante do Novo Cinema Brasileiro, unha das vangardas máis recoñecidas e recoñecibles da sétima arte latinoamericana.

HOMENAXE A CHELO LOUREIRO

Ademais, na gala de inauguración o festival tamén homenaxeará á produtora Chelo Loureiro. Ademais de pola súa prolífica carreira, Juan de Castro, director do certame quere “destacar o seu rol coma profesional de gran experiencia, a súa loita feminista desde a CIMA e terse convertido na gran dama da animación galega ó teren defendido desde sempre o seu recoñecemento coma un xeito máis de facer cine, equiparando o seu valor ó resto de producións”. Tamén se quere premiar o apoio que ofrece ós novos creadores galegos e o seu constante empeño por evitar a fuga de artistas a outros países.

AS ENTRADAS

As entradas para asistir a gala poderanse adquirir media hora antes no despacho de venda de billetes do Auditorio do Concello a un prezo de 4 euros.

- Publicidade -spot_img