spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda recibe ás tres judokas que acadaron o ouro...

O Concello da Guarda recibe ás tres judokas que acadaron o ouro no Campionato Galego de Judo

O Concello da Guarda recibe ás tres judokas que acadaron o ouro no Campionato Galego de JudoO alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Deportes, Javier Crespo, recibiron o pasado luns ás judokas Noa González, Alba González e Verónica Pérez para felicitalas polos ouros que veñen de conseguir no Campionato Galego de Judo nas súas respectivas categorías.

Os representantes municipais recoñeceron o mérito dos éxitos acadados polas tres deportistas do Club de Judo Baixo Miño, ás que entregaron unha medalla conmemorativa. Nesta liña, o rexedor municipal sinalou que as mozas forman parte «dunha moi boa canteira de deportistas que levan o nome da Guarda por España e o mundo», en referencia a súa próxima participación no Campionato de España de Judo.

Segundo asegurou a súa adestradora, Mónica Pacheco, as mozas emprenden este novo reto deportivo «con moitas posibilidades de acadar boas posicións». Xunto a elas, participarán no campionato nacional outras tres judokas do Club de Judo Baixo Miño (Nerea Romero, Carla Lomba e Yohanna da Cuña) que tamén subiron ao podio na competición autonómica. Así, o edil de Deportes non quixo deixar pasar a oportunidade de dar os parabéns á preparadora e ao club guardés no que se forman estes novos talentos.

- Publicidade -spot_img