Caballero inaugura “Pantoque”, a mostra que converte o MARCO nun estaleiro

Caballero inaugura "Pantoque", a mostra que converte o MARCO nun estaleiroO alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este venres a mostra “Pantoque” no Museo de de Arte Contemporáneo (MARCO) na que os artistas vigueses Ramón Trigo e Eduardo Armada amosan o seu traballo realizado durante doces meses no Estaleiros Armada da cidade.
 
“É a mellor exposición artística de barcos do mundo, posiblemente a única que consegue converter un museo no estaleiro”, sinalou o rexedor durante a presentación na que tamén estivo o comisario Eduardo Berea e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez.
 
A mostra inaugurouse este venres e estará aberta ata o vindeiro 31 de marzo planta baixa do museo. Ademais, a exposición alóngase no tempo, con intervencións periódicas por parte do artista, desde a semana inaugural ata a data de clausura. Xunto ás obras en exposición -pintura, debuxo, escultura, fotografía, vídeo—, a mostra inclúe unha intervención de Ramón Trigo nun dos muros.
 
Sobre “Pantoque”
“Pantoque” é un proxecto creativo multidisciplinar, desenvolto polo artista plástico Ramón Trigo e o fotógrafo e realizador audiovisual Eduardo Armada. A idea primixenia é a realización dun proxecto artístico de investigación baseado na confluencia de dous modos de narración que parten dunha mesma realidade compartida: explorar coa linguaxe plástica e visual sobre o tanxible, o espazo arquitectónico e o proceso de traballo dun estaleiro.
 
A través da observación da actividade diaria e a relación do ser humano co feito construído e o mar, ambas as linguaxes interrelaciónanse na procura dun lugar común. O espazo elixido é Estaleiros Armada, situado en Bouzas, Vigo, desde os anos vinte, e con case un século de vida tras tres xeracións dunha familia inexorablemente unida ao mar e á historia da cidade.
 
En setembro de 2016, Ramón Trigo traslada o seu taller a Estaleiros Armada. Alí, durante doce meses convivirá cos traballadores reinterpretando a actividade da empresa tamizada pola súa visión plástica. Ao mesmo tempo Eduardo Armada documenta en vídeo e fotografía toda a acción. O proceso os converte nun solo home. O artista e a súa sombra. Dúas formas visuais de narración onde a pintura suxire o vídeo e a fotografía documentan.
Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies