Inicio Pontevedra A provincia de Pontevedra converterase a próxima semana no epicentro estatal da...

A provincia de Pontevedra converterase a próxima semana no epicentro estatal da Ruta dos Fenicios

A Provincia de Pontevedra converterase a próxima semana no epicentro estatal da Ruta dos Fenicios
Detalle dun bajorrelieve (s. VII a. c.) dun sartego coa representación dun mercante fenicio.-Museo Arqueolóxico de Beirut (Líbano)

A Provincia de Pontevedra converterase a próxima semana no epicentro estatal da Ruta dos Fenicios e a Asemblea Estatal deste itinerario cultural, tamén denominado Ruta das Kassiterides, vaise celebrar os días 22 e 23 de novembro no Pazo Provincial

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe que o Pazo Provincial vai acoller os próximos días 22 e 23 de novembro a Asemblea Estatal da Ruta dos Fenicios, tamén denominada Ruta das Kassitérides. “A vindeira semana a nosa provincia vaise converter no epicentro estatal da Ruta dos Fenicios ao acoller a Asemblea deste itinerario cultural europeo, que dará cita ás entidades integrantes de diferentes puntos da xeografía nacional e internacional”, destacou.

Máis polo miúdo, o xoves levarase a cabo unha reunión pechada dos socios e xa o venres terá lugar un encontro aberto ao público, no que haberá conferencias e mesas redondas sobre a Ruta, sobre o programa de itinerarios culturais europeos do Consello de Europa e sobre a propia Ruta dos Fenicios, a dos Íberos, o Camino de Anibal e a Ruta das Kassitérides. A este encontro, amais da Directiva da Asociación, está confirmada a asistencia de múltiples delegacións, o Instituto de Itinerarios Culturais Europeos, o Itinerario Rota de Fenici de Italia, a Universidade de Jaén, o concello de Sto. Tomé, o concello de Linares, o concello de Guardamar de Segura, MAC-Ampurias, o concello de Ibiza, a Associaciò Amics de na Galera, o concello de Mengíbar, o concello de Galera, o concello de Cuevas del Almanzora, a Diputación de Cádiz, a Universidade de Cádiz, a Asociación Álace (Univ. Cádiz) e a Diputación de Jaén.

Por outra banda, ese mesmo xoves celebrarase no hall do Pazo a inauguración dunha exposición sobre a Ruta dos Fenicios, formada por un total de 13 estruturas, que achegará á poboación a este itinerario cultural tan complexo e con tantas potencialidades dende o punto de vista cultural e artístico. Amais, coa colaboración do centro Carlos Oroza, vaise compartir coas delegacións un menú fenicio e posteriormente procederase á visita ao xacemento do Facho en Cangas, onde aínda está a traballar o persoal de arqueoloxía da Deputación, “desta maneira amosaremos alí todo o traballo que estamos facendo de recuperación e de posta en valor de Galaicos un pobo entre dous mundos, xa que certamente éramos o centro de intercambio entre os habitantes deste lado do mundo e os fenicios”, asegurou Silva.

A presidenta da institución provincial recordou que, o pasado mes de abril, a Deputación foi seleccionada pola Rede Estatal da Ruta dos Fenicios para liderar a súa promoción e difusión na fachada atlántica. A Ruta dos Fenicios é un dos Itinerarios Culturais Internacionais recoñecidos polo Consello de Europa, que pasa por 18 países e une tres continentes, conectando as grandes rutas marítimas empregadas pola civilización fenicia, un camiño para abastecerse de estaño na antigüidade e que podería non estar localizado nas illas británicas, como se pensaba ata o de agora, senón nas Rías Baixas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies