Inicio Baixo Miño Os trámites para a rehabilitación da igrexa monacal de Santa María de...

Os trámites para a rehabilitación da igrexa monacal de Santa María de Oia comenzarán proximamente

Os trámites para a rehabilitación da igrexa monacal de Santa María de Oia comenzarán proximamenteOs trámites para a rehabilitación da igrexa monacal de Santa María de Oia comenzarán proximamente

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa, a quen lle avanzou o compromiso do seu departamento coa rehabilitación da igrexa monacal de Santa María de Oia.

Neste sentido, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería –cuxa responsable, María del Carmen Martínez Insua, tamén estivo na xuntanza– iniciará en breve os trámites para licitar a redacción do proxecto básico e de execución para reparar o templo.

En concreto, as actuacións que se prevén realizar pasan por revisar a solución construtiva da cuberta do templo, así como levar a cabo labores de acondicionamento, restauración e rehabilitación das circulacións públicas igrexa/mosteiro.

A Xunta de Galicia prevé que se poidan ampliar as intervencións no marco da folla de ruta de rehabilitación de BICs do Camiño de Santiago.

Cómpre destacar que a Xunta de Galicia prevé que se poidan ampliar as intervencións no ben mediante achegas do Goberno do Estado, no marco da folla de ruta de rehabilitación de BICs do Camiño de Santiago.

O conxunto do Mosteiro de Santa María de Oia ten a consideración de Ben de Interese Cultural coa categoría de Monumento.

Situado no Camiño Portugués da Costa, o conxunto edificado está conformado pola antiga igrexa monacal –hoxe igrexa parroquial–, e os inmobles do antigo mosteiro, que se ordenan en torno a un claustro e un gran patio de labor, aberto á antiga horta, xardín e terreos agrícolas do antigo mosteiro.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies