Baiona repite como municipio líder en recepción de embarcacións en tránsito durante o primeiro semestre do ano

Baiona repite como municipio líder en recepción de embarcacións en tránsito durante o primeiro semestre do anoO municipio de Baiona situouse un ano máis como líder do conxunto da comunidade autónoma na recepción de embarcacións en tránsito durante o primeiro semestre do ano.

Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita ás instalacións do Monte Real Club de Iates, unha das dúas dársenas náutico recreativas do municipio.

Durán Hermida explicou que entre o Monte Real Club de Iates e o Porto Deportivo de Baiona recibíronse no municipio un total de 404 embarcacións en tránsito entre os meses de xaneiro e xuño. Esta cifra supón un crecemento neto interanual de 54 barcos, o que supón en termos porcentuais unha suba do 15% respecto ao mesmo período do ano anterior.

Tendo en conta as estimacións coas que traballa o sector, que fixan o volume de negocio que xeran estas embarcacións nuns 50 euros por pernocta e a media que establece a Asociación de Náuticos de Galicia (Asnauga) de 1,5 pernoctas por tránsito, durante o primeiro semestre do ano o retorno económico para o municipio de Baiona derivado dos tránsitos recibidos foi de máis de 120.000 euros, entre os sectores auxiliares da náutica e os servizos xerais da vila.

Deste xeito, o municipio de Baiona como o conxunto das Rías Baixas, confirma a consolidación desta actividade portuaria que experimentara xa nos pasados anos un importante ascenso e que no que vai de verán está a manter os bos resultados. Non en van, o conxunto dos peiraos autonómicos de Galicia superou entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño os 2.547 tránsitos, un 9% máis que o ano pasado.

Ante as cifras rexistradas, que van en consonancia coas dos últimos anos, Portos de Galicia mostra a súa satisfacción pola constatación da consolidación dunha actividade de importante impacto económico non só no sector portuario e náutico senón no conxunto das vilas que acollen instalación náutico recreativas.

Para Portos de Galicia, a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural, tal como se recolle no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020, que o ente público está a poñer en práctica. Para impulsar estas chegadas, estanse a desenvolver accións promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies