Feijóo agarda que a Festa do Viño Albariño sexa declarada como Festa de Interese Turístico Internacional

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe o seu desexo de que a Festa do Viño Albariño sexa declarada Festa de Interese Turístico Internacional e convertela así na primeira celebración enogastronómica de Galicia en obter esta distinción internacional.

Durante a súa intervención, Feijóo destacou o enorme potencial do albariño; un potencial como produto agroalimentario de calidade que queda ilustrado nas cifras da Denominación de Orixe Rías Baixas, cunha produción comercializada que medrou máis dun 26% desde 2009, duplicándose neste período o volume que se vende no exterior. E un potencial como destino do enoturismo, reflectido nas máis de 200.000 persoas que na pasada edición disfrutaron desta festa e nas 115.000 que viviron a experiencia da Ruta do Viño Rías Baixas.

Ao longo dos actos do Capítulo Serenísimo,  Feijóo salientou que esta festa conseguiu manter durante estas seis décadas o seu carácter acolledor e de afirmación do propio e pediu ás novas damas e novos cabaleiros do Albariño –Nélida Piñón, José Luis Bonet, Carlos Carrión, José Faro Rúa e Roberto Vilar- que transmitan toda a maxia, a historia e a carga emocional que agocha cada copa de Albariño.

 Así mesmo, o presidente do Executivo autonómico tivo tamén unhas palabras de recordo para Ramón Pintos, “Moncho o do Germán”, un dos precursores desta festa, “cabaleiro do Albariño e ilustre hostaleiro de Cambados, que nos deixou hai poucas semanas”.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies