spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona reduce en 52.810 quilos o seu lixo orgánico grazas á...

Baiona reduce en 52.810 quilos o seu lixo orgánico grazas á compostaxe

Baiona reduce en 52.810 quilos o seu lixo orgánico grazas á compostaxe A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona valora moi positivamente a instalación de composteiros comunitarios no municipio, que permitiu unha redución de 52.810 Quilos de lixo orgánico no primeiros nove meses do ano en comparación cos datos de 2017.

Segundo os datos da concellería, esta redución de máis de cinco toneladas supón un importante aforro non soamente en custos de tratamento. A isto habería que sumar, os custos de recollida desta cantidade de residuos, porque ao reducirse a fracción orgánica, a que provoca os malos cheiros, redúcese a frecuencia de recollida, co que tamén se obtén un aforro. Ao verse reducidos os quilos de desperdicios, tamén se reduce o número de viaxes dos camións á planta que Sogama ten en Porriño, polo que estariamos a falar dunha porcentaxe aínda moitísimo maior. Ademais, supón outros moitos beneficios xa que, ao tirarse menos cantidade de residuos nos colectores, a nivel estético tamén se nota nos viarios xa que non se manchan tanto os colectores e supón un avance moi importante para a Vila.

A principal razón desta redución tan significativa en material orgánico é a instalación a finais de 2016 de tres composteiros comunitarios no municipio de Baiona ao amparo do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

Os datos, teñen unha gran importancia xa que, nun contexto de crecemento económico, os residuos tenden a aumentar e non é o caso do Concello de Baiona, de feito, é un dos Concellos con máis aforro e participativo neste proxecto que xa leva realizando hai case un ano.

Nestes centros situados na praza Michele Lescure na zona dos Tendales, na rúa Loureiral na zona do Burgo e na rúa Camiño do Carme de Sabarís, os usuarios depositan os seus restos orgánicos e tápanos con restos de madeira triturada. Tras un período duns tres meses, aproximadamente, poden levar @gratuitamente o compost resultante para fertilizar as súas hortas ou plantas. O excedente é utilizado polo Concello de Baiona para abonar as zonas verdes do municipio. Con esta mecánica cúmprese un dobre obxectivo: prodúcese un aforro importante no custo do servizo de lixo á vez que se consegue un produto útil para que os veciños abonen as súas plantas e hortos.

O compost resultante é un fertilizante natural moi beneficioso para a terra dos cultivos e xardíns, de forma que pode substituír os fertilizantes sintéticos que degradan e contaminan o chan. Desta maneira, o que sae da terra volve a ela.

- Publicidade -spot_img