Inicio Pontevedra "As mil caras das Illas Cíes" no Calvario

“As mil caras das Illas Cíes” no Calvario

“As mil caras das Illas Cíes” é unha exposición fotográfica que percorre o patrimonio cultural, xeolóxico e histórica das Illas Cíes ao longo de preto de 40 paneis.

O obxectivo da mostra é dar a coñecer a todo o que se achegue á zona peonil do Calvario, a riqueza natural e patrimonial do arquipélago vigués, dentro da promoción para converterse en Patrimonio da Humanidade.

ILLAS CÍES

As illas Cíes constitúen un dos maiores atractivos turísticos do sur de Galicia e forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. O arquipélago, situado na boca da ría de Vigo, está formado por tres illas principais: Monteagudo, Monte Faro e San Martiño, xunto a pequenos illotes como Agoeira, Viños, Carabelos e O Ruzo.

Ademais das praias o outro grande atractivo de Cíes, que dispoñen de microclima, son os seus cantís e os denominados niños de abellas e as cacholas, cavidades redondeadas producidas na superficie das rochas que acaban fusionándose dando lugar a oquedades maiores como as da Campana e o Alto do Príncipe. Un proceso similar dá lugar ás pías, xurdidas en superficies horizontais, e ás furnas, das que hai 18 nas illas.Parque-Nacional-Illas-Atlánticas-acada-distintivo-Carta-Europea-Turismo-Sostible-promoción-conservación-deste-patrimonio-natural

O primeiro asentamento humano do que se ten constancia é o poboado castrexo situado na aba do Monte Faro, datado nos inicios da Idade de Ferro. Os romanos tamén citaron e mesmo viviron nas Cíes, como reflicten as cerámicas, as tégulas e as referencias de Strabon, Plinio ou Ptolomeo. Na Idade Media as illas recibiron a visita dos Normandos e no século XI aparecen as primeiras comunidades de eremitas beneditinos.

No XVI desembarcan nas Cíes o corsario inglés Drake e piratas berberiscos. As continúas invasións provocan o abandono das illas dende o 1700 ata o século XIX, cando se constrúe o primeiro faro. Na segunda década do século XX as illas foron sede dunha factoría baleeira noruega. Actualmente, só os gardas forestais e un nativo permanecen na illa durante todo o ano.

Fuente// vigo,org

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies