spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona ofrece 60 noites ininterrompidas de programación cultural

Baiona ofrece 60 noites ininterrompidas de programación cultural

Baiverán 2016

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona presentou a programación cultural Baiverán 2016.

Cultura aposta por unha programación ampla e variada de entretemento ao aire libre e onde se pode atopar todo tipo de manifestacións culturais, que van desde as festas patronais que se celebran nas 5 parroquias do municipio e que están moi arraigadas na cultura popular, ata a multitude de concertos e actuacións, conferencias, exposicións, monólogos, teatro, cinema, ciclos de conferencias, etc que se realizan todas as noites do verán e que son unha cita ineludible de entretemento e faladoiro entre todos os que forman parte da comunidade estival.

Ademais, a programación presenta actividades que poden gozar todos os membros da familia, desde os máis pequenos aos máis maiores, ofrecendo deste xeito unha oferta para todas as idades.

Os luns instáuranse na vila como os días de ‘Cinema na rúa’ na que se poderán visionar películas de diversa temática. Baixo o título ‘Bai en familia: Espectáculo Familiar’ os martes os espectáculos estarán dirixidos a todo a familia.A cita co humor serán ás 23:00 horas na Praza do Concello os mércores 13 de xullo, 20 de xullo, e o 3 de Agosto, o 28 e o 31 coas actuacións de Sergio Pazos, Sergio Aciñeiras e Miguel Martín, Agustín Jiménez, Álvaro Seko, Boneca Lareta con Xavier Deive E Luís Iglesia.

O 7 de Xullo dará comezo o VI Ciclo de Conferencias Baiona Cultural, un amplo abanico de conferencias moi diversas con relatoras de recoñecido prestixio pertencentes a universidades de todo o País. En total 9 relatorios de temática variada e diversa que penetrarán a aqueles que pasen pola Capitanía Marítima da localidade en temas de actualidade e interese xeral como a saúde, a cultura, a historia, a literatura, etc.

O resto das noites temáticas, que ofrece o municipio estarán amenizadas por galas líricas, tango, fado, maxia, folk, etc.

A nota de cor no programa, póñena as exposicións, desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro na Capitanía Marítima expoñeranse un total de 8 exposicións.

Con respecto ao programa das Festas da Anunciada, este ano desde a Concellería de Cultura apostaron por unha programación que abarca a varias xeracións da familia. O venres día 5 de Agosto será a quenda das actuacións pop co concerto de ‘Blue Monk‘ e ‘Lagarto Amarelo’. O sábado tras a gran tirada de lumes ‘Sinistro Total‘ poñerán ritmo á noite baionesa. Con respecto á Gala do Domingo, a programación ofrece unha selección de artistas de diferentes estilos musicais que gusten a todos os públicos; actuarán José Manueñ Soto, Henry Méndez e Shaila Dúrcal.

Desde o Concello volven apostar polo ‘Frades Sunset Festival’. A cita será o 27 de Xullo na contorna da praia dos Frades, co obxectivo fundamental de poñer en valor un sitio tan máxico e especial como é o paseo localizado detrás do Castelo de Monterreal e onde as postas de Sol son únicas. Carlos Jean será o encargado de facer bailar a baioneses e visitantes.

Os máis pequenos leste mesmo día ás 21:00 horas poderán gozar do espectáculo infantil ‘Aventura Canina’, Cachoros en Acción, o show dos debuxos animados da patrulla canina tan seguida polos pequenos.

O día 26 de agosto é o elixido para celebrar o día do turista.

María Iglesias Fernández, concelleira de Cultura, aproveitou a presentación da programación cultural Baiverán 2016 para lembrar que esta ampla programación é posible grazas á participación das numerosas asociacións locais así como tamén á riqueza cultural que ten a vila de Baiona.

- Publicidade -spot_img