O Concello de Baiona galardoa a Brais Gómez e Andrea Pais tras proclamarse campión galego de ciclismo o primeiro e campioa galega xuvenil de 100 metros lisos, a segunda.
O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a concelleira de Deportes, Mª Jesús Martíns, recibiron no salón de plenos do Concello aos deportistas e fixéronlle entrega dun galardón no que se podía ler ‘Baiona co deporte’.
O Alcalde de Baiona aproveitou a ocasión para felicitar aos deportistas polas súas imparables traxectorias deportivas. Rodal declarou que é un auténtico pracer para Baiona ter uns veciños do nivel deportivo dos novos campións.
A Concelleira de Deportes, sumouse á felicitación do rexedor e agradeceu a ambos os que o nome da localidade vinculásense aos seus triunfos.
Con tan só 15 anos, Brais, e 16, Andrea, conseguiu un dos seus retos na vida.
Brais Goméz empezou con nove anos pedaleando no Rías Baixas e con doce fichou polo Escola de Ciclismo de Redondela, equipo co que o pasado 16 de xullo en Boiro conseguió proclamarse campión galego de ciclismo na estrada categoría cadete.
Brais realizou os 51 quilómetros da carreira en 1:24:00 entrando en meta cunha vantaxe de catro minutos sobre o segundo clasificado. Ademais, o mozo quedou clasificado como terceiro no campionato de contrareloj.
Andrea Pais, comezou no mundo do atletismo con 11 anos, empezou no club Val Miñor e catro anos despois pasaría a formar parte da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, actualmente é atleta do Femenico Celta. Andrea nunha excelente carreira de 200 m.l. marcaría un rexistro de 25.06 que lle levantaría ao subcampeonato de España. Da mesma maneira con ese rexistro, este gran valor da canteira celeste, establecería un novo récord galego xuvenil tras superar os 25.09 de Patricia Carballo desde o ano 2012.
Os deportistas descubriron o seu amor polo deporte practicando actividades levadas a cabo desde a Concellería de Deportes do Concello de Baiona. Brais confesou que descubriu o seu amor polas dúas rodas no campus de ciclismo de verán organizado polo Concello nas inmediacións da Ladeira. Pola súa banda, Andréa interesouse polo atletismo tras participar na carreira popular ‘Andar e Correr’, todo un referente nas citas deportivas do verán baionés.




