spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda presenta a nova páxina web de turismo

A Guarda presenta a nova páxina web de turismo

a-guarda-presenta-a-nova-paxina-web-de-turismo

Tras meses de traballo, o Concello de A Guarda presentou a súa nova web de turismo. A presentación ante os medios de comunicación e sectores interesados da páxina web tivo lugar na planta baixa do Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz.

O acto comezou coas palabras de Montserrat Magallanes, concelleira de Turismo, quen fixo fincapé na importancia da contar cunha web específica de turismo xa que a existente atopábase desfasada. “Por fin, o nosa localidade conta cunha páxina que se abre ó mundo e que mostra a noso pobo”. A concelleira incidiu na implicación do equipo de traballo para que esta páxina web fose unha realidade.“Esta nova web converterase nunha ferramenta esencial para promocionar a vila e que suporá unha gran mellora para os sectores implicados no turismo como restaurantes e empresas de aloxamento.” Finalizou indicando que “a data de hoxe é moi importante xa que supón un paso importante de cara a difusión da localidade no exterior e que agora queda o traballo de difundila e dala a coñecer.”

A continuación, Antonio Lomba, alcalde de A Guarda, comezou a súa quenda dicindo “este momento o defino como a botadura dun barco, é dicir, hoxe presentamos a páxina web conscientes que aínda hai melloras a realizar, estamos na fase de proba”. Na súa intervención realizou unha descrición das características e apartados da nova web que se podería definir como unha páxina con moita información pero que é moi visual grazas a gran cantidade de fotografías. Máis de 160 fotos, das cales 60 son panorámicas e moitas son inéditas. Algúns dos colaboradores gráficos que cederon fotos son Emilio Baz, Marius Kraja, Luis Rodríguez, Carlos Troncoso entre outros.

O alcalde foi o coordinador e agradeceu publicamente a implicación do equipo de traballo polo compromiso e dedicación no proxecto. Este equipo está composto por Rosalía Verde, técnico de Turismo; José David Flores, técnico de informática; Javier Crespo, concelleiro de Patrimonio, e Luis Eduardo Castro, da empresa local EcDesing.

Como peche do acto presentouse en primicia o novo vídeo turístico de A Guarda de 3 minutos de duración. No vídeo pódense observar en plenitude as espectaculares panorámicas do paisaxe e patrimonio do Concello e que amosan os cambios que se foron producindo nos últimos anos. A páxina web de turismo conta cun fragmento deste vídeo de 30 segundos na páxina de inicio.

A nova páxina web de turismo de A Guarda. www.turismoaguarda.es

a-guarda-presenta-a-nova-paxina-web-de-turismo

Esta web nace co obxectivo de proporcionar unha mellor experiencia a visitantes e turistas, que agora contarán cunha páxina específica de turismo na que consultar as súas dúbidas. A páxina web achegará información sobre os recursos turísticos da Guarda, sobre como se pode chegar, onde se pode durmir ou comer, o que hai que visitar ou as diferentes e variadas festas que se celebran na Guarda ao longo do ano, entre outras cousas.

Todo isto cun deseño moi visual e atractivo no que as imaxes que amosan a beleza natural e paisaxística, así como o variado patrimonio da vila, son as protagonistas. Creouse así unha web que amosará ó mundo todo o que ten que ofrecer este especial e único recuncho do Baixo Miño.

Ademais, despois do arranque da web, a páxina irá actualizándose e ampliando o seu contido para dar cabida a todas as novidades e así ofrecer a información máis completa a todos os que visiten a web. Entre os diversos apartados con actualizacións periódicas atópase un adicado a novas sobre a Rede de Museos da Guarda.

- Publicidade -spot_img