O Concello de Baiona instaura o 24 de febreiro como o Día de Rosalía de Castro. O pasado 11 de febreiro aprobouse por unanimidade no pleno ordinario unha moción conxunta de todos os grupos políticos con representación no Concello, pola que se declaraba o 24 de febreiro o Día de Rosalía de Castro no Concello.
Ademais tamén se acordou emprender e apoiar a realización de actividades de promoción da obra da nosa escritora que implicasen aos veciños e veciñas do concello o propio 24 de febreiro, data recollida oficialmente pola Conselleria de Cultura no seu Calendario do Libro e da Lectura.
A petición xurdiu da Asociación de Escritores e Escritoras en lingua Galega (AELG) que está a desenvolver accións de promoción e difusión da obra de Rosalía de Castro.
Por todo isto, desde a Concellería de Educación do Concello de Baiona organizouse unha lectura pública dunha das obras de Rosalía de Castro en todos os centros (infantil, primaria e secundaria) da localidade durante a hora do recreo. Para iso a Concellería de Educación regalou a cada un dos centros unha edición rústica de cantares galegos. Ademais, o salón de plenos do Concello acolleu unha lectura pública ante os representantes institucionais, asociacións de Baiona e todos aqueles que quixeron acudir.
O acto comezou cunhas palabras do Alcalde agradecendo aos presentes a súa presenza e participación e deu paso á concelleira de cultura que realizou un percorrido pola biografía da nosa ilustre escritora. Acto seguido representantes de distintas asociacións da Vila, por exemplo as amas de casa, leron algúns dos poemas de Rosalía. Tamén leron versos a concelleira de cultura, a técnico da biblioteca municipal ou a técnico do museo da Navegación. Entre os asistentes había unha persoa moi especial pois no acto atopábase a profesora de Lingua Galega, Manola Conde Cid.
A Concelleira de Educación, Beatriz González Pérez, tivo unhas palabras moi cariñosas para a profesora e agradeceulle o seu labor educativo, a súa dedicación e achega en dar a coñecer aos mozos da vila a obra de Rosalía de Castro.
Ademais, con motivo do 179º aniversario do nacemento da autora ilustre das letras galegas modernas e unha das figuras indispensable do panorama literario do século XIX. O Concello de Baiona ha decido tamén adicar a súa figura unha placa na Rúa Carabela Pinta na que se poden ler as seguintes palabras da autora de negra sombra: “Máis ve que ou meu corazón é unha rosa de cen follas, ié cada folla unha pena que vive apegada noutra”, reza a inscrición, versos á natureza da nosa poetisa máis recoñecida.
Beatriz González, Concelleira de Educación, informou que se trata dunha iniciativa que continuará nos próximos anos.
Baiona súmase así aos 42 concellos galegos que están a conmemorar xunto cos veciños e veciñas da vila, o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.




