spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoO Conservatorio/Escola de Música de Cangas presenta o quinto disco do Proxecto...

O Conservatorio/Escola de Música de Cangas presenta o quinto disco do Proxecto Orquestral 2015

o-conservatorioescola-de-musica-de-cangas-presenta-o-quinto-disco-do-proxecto-orquestral-2015

Onte no Salón de Plenos do Concello de Cangas, o alcalde de Cangas, Xosé M. Pazos, e o concelleiro de Ensino, Xoán C. Chillón, presentaban xunto co director do Proxecto Orquestral, Alberto González, a directora do Conservatorio, María Jesús Torres, o profesor Luis Carballo e a representante orquestral de alumnos, Miriam Parada, o quinto disco do Proxecto Orquestral do Conservatorio/Escola de Música de Cangas no Salón de Plenos do Concello.

Todas as obras do disco son arranxos orixinais de Alberto González, o director do proxecto, quen quixo agradecer a edición deste CD que recolle parte do programa da xira 2015. González destaca a importancia de acadar unha quinta publicación na que se recollen non só melloras a nivel musical senón tamén madurez na calidade dos músicos cun repertorio moito máis esixente.

A directora do Conservatorio, Mª Jesús Torres, profundizou na importancia que ten para un músico poder proxectar o traballo do centro fóra das clases e do propio centro. E así o confirmaba a representante orquestral, Miriam Parada, unha moza que leva dende os inicios do proxecto, hai arredor de 10 anos, que espera que a xente disfrute do traballo e que poidan facelo durante moito tempo.

O profesor Luis Carballo adiantou que as datas da vindeira xira pecharanse para fins de maio ou principios de xuño. O alcalde de Cangas recordou que hai xa 8 anos que se puxo en marcha este proxecto e que “dou comezo este sono que finalmente se fixo realidade”. Pazos comprometeuse a aproveitar a futura Área Metropolitana de Vigo para promocionar e dar difusión cultural ao proxecto para intentar que siga crecendo e se espalle por toda a Área e, por que non, por toda Galicia.

Tanto o Alcalde coma o Concelleiro mostráronse orgullosos e satisfeitos do traballo do Conservatorio, un traballo “de alto valor e calidade musical” que debe crecer en número de actuacións. Os concertos ata o de agora foron en Cangas e Pontevedra. Queren crecer pero recoñecen que compatibilizar xornadas e horarios os 60 músicos é unha tarefa moi complicada á hora de barallar as datas.

- Publicidade -spot_img