“Podrán cortar las flores, pero no podrán detener la primavera” de Pablo Neruda;
“El jardín es una delicia para la vista y un consuelo para el alma” de Sadi;
“La naturaleza nunca ha traicionado a quién la ha amado” de William Wordsworth;
“Los jardines están en la ciudad, lo mismo que los pulmones en el cuerpo humano” de Josep Fontseré i Mestre…, son algúns dos versos que os viandantes se poderán atopar ao pasear polas zonas axardinadas de Baiona.
Trátase dunha iniciativa levada a cabo pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona, co fin de lembrar aos paseantes a importancia da natureza e o seu coidado.
Os poemas sitúanse en diferentes zonas verdes da vila como o parque da Palma, a zona axardinada dos tendales ou a alameda da Carabela Pinta, tamén se colocarán na rúa Áreas de Sabarís.
“Trátase de poemas para gozalos pero tamén para pensalos, sobre a natureza e o noso rol como seres humanos dentro dela”, sinalou durante a presentación Angel Rodal, alcalde de Baiona.





