·Publicidade ·spot_img
InicioGaliciaA CoruñaCampionato Galego de Piragüismo - Un total de 37 clubs e 600...

Campionato Galego de Piragüismo – Un total de 37 clubs e 600 padexeiro participan na primeira competición oficial do ano

Campeonato Gallego de Invierno (Copiar)O vindeiro sábado 27 de febreiro as 9:30 horas dará comezo no encoro David Cal de Verducido, o Campionato Galego de Inverno sobre a distancia de 5.000m para as categorías cadete, xuvenil, senior e veterano.

Un total de 37 clubs participan na primeira competición oficial do ano dunha tempada, na que os cambios aprobados na asemblea ordinaria do pasado mes de xaneiro, marcasen un antes e un despois nas competicións galegas.

Ás distintas ligas separadas por categoría e sexo únese a formación de distintas divisións ao final de tempada onde todas as ligas terán 1º e 2º división. Ademais este ano elimínanse os descártes das competicións e todos os clubs terán puntuación final en cada competición das ligas nas que se inscriban. O club que non participe nunha competición recibirá 10 puntos menos que o último clasificado.

O Club As Torres con 43 deportistas e o Club Naval de Pontevedra con 39 son os equipos que máis participantes achegan á competición.

A nivel individual os actuais campións sairán a defender o seu título de campión de inverno, Rubén Millán-Club Kaiak Tudense terá como máximos rivais aos seus compañeiros de club salvo a Iván Alonso que se ausenta nesta primeira cita do ano, hai que destacar a Carlos Pérez ‘Percuho’ que vén con forza despois de anunciar que está a preparar o selectivo de K2 1000m para acudir á olimpíada.

Teresa Portela-Club de Mar Ría de Aldán enfrontarase ás súas compañeiras de adestramento Camila Morison, Raquel Dá Costa-Club Náutico Pontecesures e Natalia Naveiro-Club Breogán de O Grove para poder lograr a vitoria nunha distancia que non é a súa especialidade. Esta carreira conta cun record de participación, que dá mostra da evolución da categoría nos últimos 6 anos onde se pasou de 9 a 32 participantes.

Na modalidade de canoa, Diego Romero-Club Breogán do O Grove tentará repetir triunfo nunha regata que conta con todos os seus principais rivais, ademais do seu compañeiro de equipo Ton Campos estarán na liña de saída Adré Oliveira-Club Náutico Firrete, José Luis Bouza e Brais Casás ambos do Club Kaiak Tudense. Na categoría femenia Raquel Rodríguez-C.E.P. Ciudad de Pontevedra é a principal favorita para levar a vitoria.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies