spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona celebrou o Día Mundial da Reciclaxe cunha campaña de concienciación a...

Baiona celebrou o Día Mundial da Reciclaxe cunha campaña de concienciación a escolares do concello

Baiona celebrou o Día Mundial da Reciclaxe cunha campaña de concienciación a escolares do concelloCon motivo do día mundial da reciclaxe que se celebrou o 17 de maio, a pasada semana dende a Concellalía de Medio Ambiente do Concello de Baiona e en colaboración cá empresa concesionaria da recollida selectiva dos residuos e a xestión do punto limpo, FCC (Fomento de Construccións e Contratas), organizaron diversas actividades en varios centros de ensino.

As actividades ían destinadas ao alumnado de primaria, cos cales unha educadora medioambiental interactuou de maneira lúdica con eles/as mediante talleres, xogos etc para concienciar en materia de redución e separación de residuos, compostaxe orgánica, así como no papel de cada un na protección do medio ambiente para contribuir na conservación do planeta.

O interese do Concello con estas actividades estaba encamiñado a que os máis cativos coñezan o significado da reciclaxe e desta maneira tomar conciencia do efecto da producción de residuos no medioambiente e da importancia de facer un consumo responsable dos recursos nas nosas casas.

- Publicidade -spot_img