spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona aposta por unha nova forma de xestionar o lixo orgánico instalando...

Baiona aposta por unha nova forma de xestionar o lixo orgánico instalando composteiros

baiona-aposta-por-unha-nova-forma-de-xestionar-o-lixo-organico-instalando-composteiros

O Concello de Baiona instalou dous centros de compostaxe comunitarios na zona dos Tendales, no centro de Baiona, e na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa na conexión da Avenida Julián Valverde con Camiño do Carme.

Trátase dun sistema que está a dar os seus primeiros pasos pero que os dá con firmeza.
Baiona recuperará un costume que era habitual en tempos dos seus avós, porque o aproveitamento dos restos da comida para alimentar aos animais domésticos ou abonar as leiras é unha tradición galega que se estaba perdendo por unha cómoda e perigoso costume que arraigou moi pronto en Galicia, a de tiralo todo ao colector verde.

O compost servirá para tratar máis do 40% dos residuos que se xera, evitando os custos de recollida e de transporte. Ademais deste beneficio económico, María Iglesias, Concelleira de Medio Ambiente, lembra que a adhesión ao programa servirá para cumprir coa normativa europea en materia de residuos, segundo a que neste 2016 os concellos deben reutilizar ou preparar para a reciclaxe o 50% dos seus residuos, aínda que hai unha prórroga de catro anos para cumprir con este requisito.

O Concello quere sumarse tamén ao plan revitaliza da Deputación de Pontevedra que brinda composteros comunitarios para instalar en zonas urbanas do mesmo xeito que en rúas, parques e prazas hai colectores para recoller papel ou vidro, a partir de agora haberá composteros nos que depositar os restos de comida que, por costume e por necesidade, incinerábanse. O obxectivo, é obter abono da descomposición deses restos, así como abaratar o servizo de lixo ao ser menor a cantidade de toneladas que se transporta a Sogama para a súa incineración.

Os veciños de Baiona interesados en contribuír a unha redución dos residuos orgánicos que se depositan nos colectores verdes poden asistir o vindeiro xoves, 22 de decembro, ás 11:00 horas a unha charla na aula B do Centro Multiusos Anxo Bedriñana que impartirá un “mestre composteiro”.

- Publicidade -spot_img