Inicio Pontevedra Baixo Miño O judoka tomiñés Brais Pereira, medalla de ouro na Copa de España...

O judoka tomiñés Brais Pereira, medalla de ouro na Copa de España Junior de Gijón

o-judoka-tomines-brais-pereira-medalla-de-ouro-na-copa-de-espana-junior-de-gijon

Na Festa do Judo Infantil, celebrada en Vigo o pasado domingo, participaron uns cincuenta deportistas tomiñeses, que amosaron que a canteira do club Baixo Miño está asegurada

Unha vez máis o judoka tomiñes BRAIS PEREIRA AMORIN, do club de judo BAIXO MIÑO subiuse ao máis alto do podium.

O deportista participou o pasado sábado, 17 de decembro, na COPA DE ESPAÑA JUNIOR DE GIJON  na categoría de -81kg, realizando unha moi boa competición. Logrou impoñerse en todos os seus combates pola máxima puntuación, afianzándose como un dos mellores judokas na súa categoría a nivel nacional.

Á espera de confirmación oficial da Federación Española, o tomiñés sitúase entre o tres mellores judokas do ranking nacional.

Brais quixo aproveitar a ocasión para agradecer a axuda que lle prestou o Concello de Tomiño, así como o seu patrocinador, Construcións Castro.

Doutra banda, o pasado domingo, celebrouse en Vigo a Festa do Judo Infantil, na que participaron uns 50 judokas TOMIÑESES (CENTRO VIP E ESCOLAS DEPORTIVAS GOIAN)  pertencentes ao clube de judo Baixo Miño.  Deportistas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos que demostraron que a canteira do club está asegurada.

Desde o club quérese dar o parabén a todos e todas, e desexarlles FELICES FESTAS; o mesmo que desde o equipo de goberno de Tomiño e o resto da corporación local.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies