spot_img
InicioVal MiñorBaionaA baía de Baiona convértese en banco de probas mundial de Paddle...

A baía de Baiona convértese en banco de probas mundial de Paddle Surf

O equipo Waira recibe as primeiras unidades de Starboard que participarán no Campionato do MundoA baía de Baiona converterase nos vindeiros días en banco de probas para as táboas de Paddle Surf que van utilizar proximamente no Campionato do Mundo da especialidade e que serán comercializadas a partir da  primavera de 2018. O equipo Waira, con sede na Vila, recibiu nos últimos días as primeiras unidades do mundo de Starboard para someterse ás primeiras verificacións.

O equipo Waira recibe as primeiras unidades de Starboard que participarán no Campionato do Mundo

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e os concelleiros de Deportes e Actividades Marítimas, María Jesús Martins e Raúl Costas, reuníronse este xoves co responsable do equipo baionés, Coque Araújo, para coñecer os novos modelos e as probas que se levarán a cabo durante este días.

“A baía de Baiona xa é considerada como a capital do Paddle Surf polos súas inmellorables condicións para a práctica deste deporte e a decisión de Starboard de facer aquí as probas ven a confirmalo”, sinalou Ángel Rodal.

A firma Starboard, líder mundial na especialidade, confiou os primeiros ensaios ao equipo baionés de Waira, habitual colaborador, e nos vindeiros días varios dos integrantes levarán a cabo probas de mar para testar os novos modelos.

“Este ano, da man de Waira, Starboard enviou a Baiona un avance dos modelos de competición que se utilizarán durante a tempada 2018, a partir de febreiro-marzo. O motivo é aproveitar as perfectas condicións que serven de escenario para o Campionato de España, coñecido por ser un percorrido esixente e moi completo, de forma que as táboas poidan ser probadas a fondo polo equipo de Waira en todas as condicións que ofrece Baiona antes de ser comercializados os modelos definitivos”, explica Coque Araújo.

Starboard é a marca líder mundial de táboas de Stand UP Paddle (Paddle surf), non só polas súas vendas, se non porque ocupan case sempre os primeiros postos nas regatas de todo o planeta, froito do labor de desenvolvemento dos seus modelos de competición. “Por algo o equipo Starboard suma case os mesmos puntos que a suma dos dous que lle seguen no ránking mundial”, engade Araújo.

Baiona xa foi sede en varias ocasións do Campionato de España de Stand UP e o pasado mes de xullo tamén recibiu a visita do aventureiro Antonio de la Rosa durante a súa volta á Península Ibérica en Paddle Surf.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.