spot_img
InicioVigo e áreaVigoComeza a vendimia no Castelo de Soutomaior

Comeza a vendimia no Castelo de Soutomaior

comeza-vendimia-no-castelo-soutomaiorHoxe comezou a vendimia no Castelo de Soutomaior que se estenderá ata a vindeira semana e será realizada pola adega “Quinta das Eiras”. A adega, que ofertou 1,008 euros por quilo, foi a que presentou a oferta máis competitiva na poxa pública organizada pola Deputación de Pontevedra para a colleita da uva das catro hectáreas de viñedo do Castelo de Soutomaior.

A adega “Quinta das Eiras” é a encargada de colleitar a uva do Castelo da Deputación de Pontevedra este ano

Dende o cambio de goberno na Deputación, en xullo de 2015 e baixo a presidencia de Carmela Silva, adoptouse o sistema de poxa pública para as uvas do castelo. En 2015 a colleita foi de 14.720 quilos que se vendeu a un prezo de 0,98 euros por quilo. O ano pasado a colleita foi de 15.815 quilos e vendeuse a un prezo de 1,32 euros por quilo. Neste ano, a previsión é que a colleita sexa entorno aos 18.000 quilos, pola boa calidade e cantidade da uva que presenta a explotación, aínda que ata que a adega non finalice os traballos de recollida non se terán os datos definitivos.

Lembramos que o Castelo de Soutomaior, fortaleza da Idade Media que hoxe en día é patrimonio público, foi adquirido pola institución provincial no ano 1982 e os seus viñedos, que contan con catro hectáreas de extensión datan do ano 1984.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.