spot_img
InicioVal MiñorNigránO Festival "Vive Nigrán" reuniu esta fin de semana en Praia América...

O Festival “Vive Nigrán” reuniu esta fin de semana en Praia América a preto de 4.000 persoas

festival-vive-nigran-reuniu-esta-fin-semana-preto-4-000-persoasA primeira edición do festival ‘Vive Nigrán’ celebrado no campo de fútbol de Praia América reuniu durante os dous días a preto de 4.000 persoas, sendo a noite do sábado o momento de maior afluencia con Basanta, Viva Suecia, Joe Crepúsculo ou Las Bistecs, grupos que reuniron a máis de 2.200 persoas.

Concibido como un “Picnic Pop Festival”, supuxo o broche de ouro do circuito Rías Baixas Fest promovido dende a Deputación de Pontevedra ao reunir a 14 bandas do panorama nacional independente e 5 dj´s durante todo os dous días e dende as 12:30 horas da mañá. “Queremos que Vive Nigrán sexa un referente para os afeccionados á música en directo e para aqueles que busquen concertos a pé de praia a calquera hora do día, por iso seguiremos apostando por un público familiar que aproveita o día para vir cos nenos porque sabe que atopará obradoiros, xogos, actividades paralelas ou un market”, sinalan dende a produtora, así, baixa esta premisa, os menores de 16 anos puideron entrar gratis.

Un verán sen predecentes

“Vive Nigrán pechou un verán cunha programación cultural e festiva sen precedentes no municipio e que terá continuidade o vindeiro ano. Tanto este evento como Solpor en Monteferro ou Val Miñor Fest debutaron cun gran éxito e terán continuidade xunto aos xa establecidos como Nigranjazz, Flota como Poidas ou Rilla na Rúa”, sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que realmente a programación festiva finaliza o 31 con ‘Os Patos surfean de noite ‘.

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.