spot_img
InicioVal MiñorBaionaO IV Centenario do Conde de Gondomar, pecha o VII Ciclo de...

O IV Centenario do Conde de Gondomar, pecha o VII Ciclo de Conferencias de Baiona

iv-centenario-do-conde-gondomar-pecha-vii-ciclo-conferencias-baionaA Capitanía Marítima de Baiona ofrece este xoves (20:30 horas), 31 de agosto, a derradeira charla do VII Ciclo de Conferencias organizado este verán polo Concello de Baiona. Neste caso o relator será o catedrático de Literatura Española Fernando Bartolomé, que impartirá a conferencia “O ano do Conde Diego Sarmiento, Conde de Gondomar no seu IV Centenario (1617-2017)”.

O VII Ciclo de Conferencias, enmarcadas na programación do BaiVerán 2017, reuniu a nove catedráticos e profesores de catro universidades españolas na Capitanía Marítima (Rúa Elduayen, 20). Todas as charlas celebráronse os xoves de xullo e agosto no mesmo escenario e á mesma hora (20:30 horas) con entrada libre e gratuíta.

O escritor, enólogo e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, Xavier Castro Pérez, foi o encargado de abrir o ciclo o pasado día 6 de xullo coa conferencia titulada “Historia do viño en Galicia”, e Aniceto Charro, catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid, falou a semana seguinte de “Unha triada perigosa: obesidade, diabetes e colesterol”. Ademais, o 20 de xullo, Rexina Vega, profesora da Universidade de Vigo, tratou sobre o “Bilingüismo de Álvaro Cunqueiro”, e o catedrático de Física Teórica da Universidade de Santiago, exreitor e exdelegado en España do CERN de Ginebra, ofreceu o día 27 de xullo a conferencia titulada “Os tres primeiros minutos do Universo”

Xa no mes de agosto, o xoves día 3 o profesor Antonio Piñero, catedrático emérito de Filoloxía Grega da Complutense, impartiu a charla “Manuscritos do Mar Muerto, Gnosis e Cristianismo Primitivo”; o 10 de agosto foi a quenda do profesor José María Peláez del Valle, escritor e profesor titular da Universidade de Vigo, para impartir a charla “Unha personaxe de novela do século XIX: el Marqués de Salamanca”; o día 17 abordouse o tema “A reforma da Constitución”, da man do profesor Francisco Bastida, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Oviedo, e o día 24 de agosto falou o musicólogo Manuel López-Benito, coa charla “¿Por que a sinfonía “Heroica” de Beethoven cambiou o mundo sinfónico? Audición e análise”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.